Södertälje é un concello sueco no condado de Estocolmo. A súa capital é a localidade de Södertälje.
A natureza no concello de Södertälje é moi variada. A zona esténdese dende o lago Mälar ao norte ata o mar Báltico no sueste. No ano 1819 abriuse a canle de Södertälje e posteriormente o ferrocarril, o que fixo que moitas industrias se trasladasen ao municipio. A principios da década de 2020 o 37 por cento dos empregos do municipio estaban na industria manufacturera.
Dende que o concello obtivo a súa presente forma (o concello de Nykvarn escindiuse en 1999) a poboación medrou considerablemente. En decembro do ano 2024 Södertälje tiña 102 911 habitantes.
Notas
Categoría:Concellos de Suecia Categoría:Condado de Estocolmo