Dólar American Innovation "American Innovation Dollar Coin program". Numista.com150x150pxAnverso comúnDetalle da Estatua da Liberdade cara á esquerda, indicación do valor facial e inscrición: IN GOD WE TRUST. Valor: 1 dólar. Artista: A/: Justin Kunz (deseño) e P. Hemphill (gravado). R/: Varios. Datas de emisión: 2018-2032. Ceca: US Mint:cecas de Filadelfia, Denver e S. Francisco. Aliaxe: Núcleo: 100 % Cu. Baño: 77 % Cu, 12 % Zn, 7 % Mn e 4% Ni. Total: 88,5 % Cu, 6 % Zn, 3,5 % Mn e 2 % Ni Diámetro: 26,49mm. Peso: 8,10 g. Espesor: 2,00 mm. Canto: E PLURIBUS UNUM • IN GOD WE TRUST (data, marca de ceca e 13 estrelas de cinco puntas).
O dólar American Innovation (en inglés: American Inniovation dollar coin) é unha serie de moedas estadounidenses co valor facial dun dólar, emitida pola Casa da Moeda dos EEUU desde 2018 e programada ata 2032, caracterizada por reproducir nos seus anversos a Estatua da Liberdade e nos reversos motivos alusivos á innovación e relacionados con cada un dos estados e os territorios do país.
A composición da serie é de 56 moedas, emitidas a razón de catro por ano.
Historia
Proceso lexislativo O 31 de xaneiro de 2017, o representante demócrata por Connecticut James Himes introduciu na Cámara de Representantes dos EEUU o proxecto de lei HR 770, que prevía a emisión desta serie numismática."H.R. 770 (115th): American Innovation $1 Coin Act". Govtrack.us O proxecto foi aprobado con emendas por esta Cámara o 16 de xaneiro de 2018.
Xa no Senado, o senador republicano por Kentucky Mitch McConnell introduciu unha emenda para aclarar a orde de emisión das moedas do programa, e o 20 de xuño de 2018 o proxecto pasou a prescritiva aprobación desta cámara."Proposed American Innovation $1 Coins". Congressional Research Service (Crsreports.congress.gov).
Posteriormente, o proxecto de lei emendado polo Senado foi aprobado novamente pola Cámara de Representantes o 27 de xuño de 2018,Gilkes, P. (2018). "Innovation dollar bill passes Congress". En Coin World. 28 de xuño de 2018. e finalmente foi promulgado como a Lei pública 115-197 logo da sinatura do presidente Donald Trump o 18 de xullo de 2018."H.R.770 - American Innovation $1 Coin Act". Congress.gov
O programa American Innovation O programa lanzouse oficialmente o 14 de decembro de 2018, coa emisión dunha moeda introdutoria especial que conmemoraba a sinatura de George Washington da primeira patente estadounidense,Gilkes, P. (2018). "American Innovation Dollar Coin 2018 debut". En Coin World. 26 de xullo. para un novo método de obtención de cinsa de potasa para a fabricación de fertilizantes."Patent Milestones". United States Patent and Trademark Office (USPTO.gov).
A partir dese ano seguinte comezou a emisión regular de catro modelos anuais, para «celebrar as innovacións e as persoas innovadoras» de cada un dos cincuenta estados, mais o Distrito de Columbia e os cinco territorios non incorporados dos Estados Unidos (Porto Rico, Guam, a Samoa Americana, as Illas Virxes Estadounidenses e as Illas Marianas do Norte). A secuencia da emisión veu establecida pola orde en que cada territorio ratificara a Constitución dos Estados Unidos."Informative Guide to American Innovation Dollars". Americaninnovationdollars.org
As moedas non se emiten para a súa posta en circulación ordinaria, senón que unicamente están dispoñibles cun sobreprezo, en bolsas e en rolos destinados aos coleccionistas, que se adquiren directamente na Casa da Moeda dos Estados Unidos."American Innovation $1 Coin Program". United States Mint (USMint.org).
En función da súa ceca de procedencia, cada moeda amosa a modo de marca de ceca as iniciais "P" (Ceca de Filadelfia) ou "D" (Ceca de Denver). Pola súa banda, todas as moedas cuñadas cun acabamento especial proof —fondo espello e relevo mate— contan coa marca S (Ceca de San Francisco).
Logo da emisión inaugural de 2018, en 2019 engadiuse, a modo de marca anual, unha roda de engrenaxe baixo o lema nacional IN GOD WE TRUST do anverso, común ás catro moedas emitidas en cada emisión e diferentes cada ano.
+Marcas anuais no anverso2019202020212022202320242025202660x60px60x60px60x60px60x60px60x60px60x60px60x60px60x60px
Especificacións Amósanse na seguinte táboa as imaxes dos dólares da serie American Innovation, así como algúns datos relevantes de cada ano de emisión:
AnoEstado e motivoReversoTiraxesImaxeDeseño/ gravadoFiladelfiaDenverS. Francisco2018Xenérico "2018 American Innovation Dollar – First Patent". Americaninnovationdollars.orgPrimeira patente112x112pxD. L. Weaver / R. Gordon2.143.9252.148.525318.2872019Delaware "2019 Delaware American Innovation Dollar – Classifying the Stars". Americaninnovationdollars.orgAnnie Jump Cannon112x112pxD. L. Weaver / J. Menna866.850866.400222.882Pensilvania "2019 Pennsylvania American Innovation Dollar – Polio Vaccine". Americaninnovationdollars.org
Vacina da polio112x112pxR. Masters / J. Menna884.000886.325222.972Nova Jersey "2019 New Jersey American Innovation Dollar – Light Bulb". Americaninnovationdollars.org
Lámpada incandescente112x112pxP. C. Balan / P. Hemphill621.675559.675222.637Xeorxia "2019 Georgia American Innovation Dollar – Trustees’ Garden". Americaninnovationdollars.org
Trustees' Garden112x112pxE. S. Damstra / M. Gaudioso399.900368.475222.8572020Connecticut "2020 Connecticut American Innovation Dollar – Gerber Variable Scale". Americaninnovationdollars.org
Escala variable de Gerber112x112pxR. Masters / R. Gordon440.771438.400172.572Massachusetts "2020 Massachusetts American Innovation Dollar – Telephone". Americaninnovationdollars.org
Teléfono112x112pxE. D. Custer / E. S. Damstra436.750436.825157.238Maryland "2020 Maryland American Innovation Dollar – Hubble Telescope". Americaninnovationdollars.org
Telescopio Hubble112x112pxJ. Menna438.700434.454157.347Carolina do Sur "2020 South Carolina American Innovation Dollar – Septima Clark". Americaninnovationdollars.org
Septima Clark112x112pxJ. Kunz / P. Hamphill432.850397.800156.8132021Nova Hampshire "2021 New Hampshire American Innovation Dollar – Home Video Game System". Americaninnovationdollars.org
1ª videoconsola (Ralph H. Baer)112x112pxE. D. Custer / C. Hess453.825453.800132.210Virxinia "2021 Virginia American Innovation Dollar – Chesapeake Bay Bridge-Tunnel". Americaninnovationdollars.org
Ponte-túnel de Chesapeake Bay112x112pxM. Swaim / J. P. McGraw454.100452.025132.210Nova York "2021 New York American Innovation Dollar – Erie Canal". Americaninnovationdollars.org
Canle de Erie112x112pxR. D. Sanders / P. Hemphill451.250451.125132.210Carolina do Norte "2021 North Carolina American Innovation Dollar – First Public University". Americaninnovationdollars.org Primeira universidade pública112x112pxR. D. Sanders / J. Menna453.125453.675132.2102022Rhode Island "2022 Rhode Island American Innovation Dollar – Reliance Yacht". Americaninnovationdollars.org Iate Reliance112x112pxD. Friel / P. Hemphill453.650452.575120.165Vermont "2022 Vermont American Innovation Dollar – Snowboarding". Americaninnovationdollars.org Snowboard112x112pxJ. Kunz / C. Campbell463.116451.750120.165Kentucky "2022 Kentucky American Innovation Dollar – Bluegrass Music". Americaninnovationdollars.org Música bluegrass112x112pxC. Hess / R. Gordon450.900451.350120.165Tennessee "2022 Tennessee American Innovation Dollar – Tennessee Valley Authority". Americaninnovationdollars.org Autoridade do Val de Tennessee112x112pxM. Swaim / J. Menna452.200452.050120.1652023Ohio "2023 Ohio American Innovation Dollar – Underground Railroad". Americaninnovationdollars.org Underground Railroad112x112px|Grant dollarB. Zaiken / S. Layne421.400319.800141.500Luisiana "2023 Louisiana American Innovation Dollar – Higgins Boat". Americaninnovationdollars.org Lancha de desembarco de Higgins112x112px|Hayes dollarD. Friel / J. P. McGraw467.000501.800140.830Indiana "2023 Indiana American Innovation Dollar – Automobile Industry". Americaninnovationdollars.org Industria do automóbil112x112px|Garfield dollarR. Sanders / P. Hemphill459.775443.650—Mississippi "2023 Mississippi American Innovation Dollar – First Human Lung Transplant". Americaninnovationdollars.org 1º transplante de pulmóns112x112px|Arthur dollarC. Campbell / K. Arquette371.000352.450—2024Illinois "1 Dollar American Innovation - Illinois". Numista.com Arado de aceiro112x112px|Cleveland 1st Term dollarB. Zaiken / R. Gordon———Alabama "1 Dollar American Innovation - Alabama". Numista.com Foguete Saturno V112x112px|Benjamin Harrison dollarC. Campbell———Maine "1 Dollar American Innovation - Maine". Numista.com Desfibrilador; B. Lown112x112px|Cleveland 2nd Term dollarP. Hemphill———Missouri "1 Dollar American Innovation - Missouri". Numista.com George Washington Carver112x112px|McKinley dollarE. D. Custer———2025Arcansas "1 Dollar American Innovation - Arkansas". Numista.com Enxeñeira Raye Montague112x112px|Theodore Roosevelt dollarE. Hagler / E. D. Custer———Míchigan "United States Mint Releases 2025 American Innovation® $1 Coin Program Designs". United States Mint (USMint.org). Produción en cadea (automóbil)112x112px|Taft dollarR. Sanders / J. P. McGraw———Florida Transbordador espacial112x112px|Woodrow Wilson dollarR. Sanders / E. D. Custer———Texas Estación Espacial Internacional112x112px|Warren Harding dollarR. Sanders / J. P. McGraw———2026Iowa "1 Dollar American Innovation - Iowa". Numista.comNorman Borlaug112x112px|Theodore Roosevelt dollarE. D. Custer / D. Everhart———Wisconsin "1 Dollar American Innovation - Wisconsin". Numista.comSupercomputador Cray-1112x112px|Theodore Roosevelt dollarP. Hempfill e J. Kunz / J. McGraw e P. Ramano———California "1 Dollar American Innovation - California". Numista.comSteve Jobs112x112px|Theodore Roosevelt dollarP. Hempfill e J. Kunz / P. Hempfill e E. Habler———Minnesota "1 Dollar American Innovation - Minnisota". Numista.comRefrixeración móbil112x112px|Theodore Roosevelt dollarP. Hempfill e J. Kunz / B. Zaikin———2027Oregon—————Kansas—————Virxinia Occidental—————Nevada—————2028Nebraska—————Colorado—————Dacota do Norte—————Dacota do Sur—————2029Montana—————Washington—————Idaho—————Wyoming—————2030Utah—————Oklahoma—————Novo México—————Arizona—————2031Alasca—————Hawai—————Distrito de Columbia—————Porto Rico—————2032Guam—————American Samoa—————Illas Virxes Estadounidenses—————Illas Marianas do Norte————— Notas
Véxase tamén
Bibliografía
Yeoman, R. S. (2024). A Guide Book of United States Coins 2025. 78ª ed. Whitman Publishing, Atlanta. ISBN 978-0794850623
Outros artigos
Moeda dun dólar estadounidense Moedas do dólar estadounidense Casa da Moeda dos Estados Unidos
Ligazóns externas
Informative Guide to American Innovation Dollars
Categoría:Moedas dun dólar estadounidense Categoría:Moedas conmemorativas dos Estados Unidos de América Categoría:Innovación