Santa Cristina de Ḷḷena é unha igrexa prerrománica asturiana, construída a mediados do século IX e situada no concello de Ḷḷena, en Asturias.
Situación 300px|miniatura|esquerda|Vista exterior de Santa Cristina. miniatura|esquerda|Planta da igrexa. miniatura|Panorámica da nave e o iconostasio. O templo atópase situado nun outeiro da parroquia de Felgueras preto do lugar de La Vega'l Rei, que domina o val do río Ḷḷena e a unha distancia 3,5 quilómetros de La Pola, a capital do concello.
Pódese acceder por medio da autovía Ruta da Prata, tomando a saída a Campumanes por La Vega'l Rei e existe tamén un apeadoiro de ferrocarril pertencente á rede de proximidades de Asturias, moi preto de Santa Cristina, a estación de La Cobertoria que se usa como centro de estudos do estilo Prerrománico Asturiano.
O acceso peonil máis cómodo é un carreiro cuxo tránsito se atopa restrinxido a vehículos de rodas, agás residentes, propietarios de leiras e servizos.
Historia Pode corresponder probabelmente á antiga fundación do San Pedro e San Paulo de Felgueras do século VII, sendo de orixe visigoda. A estrutura actual construíuse no século IX, no ano de 852, baixo o reinado de Ramiro I, polo que se clasifica como ramirense ao igual que os monumentos do monte Naranco.
O 28 de novembro de 1793 Gaspar Melchor de Jovellanos chega á igrexa de a cabalo, "descóbrea" extasiado e realiza sobre o terreo uns debuxos. Foi catalogada como Ben de Interese Cultural en 1885. A Academia da Historia pedira "co maior interese ao Goberno a declaración de monumento nacional, como único medio de salvar a ermida do deplorábel estado en que se atopa". Dous anos despois, en 1887, aprobaríase o proxecto das obras a cargo do arquitecto Ricardo Velázquez, por importe de 15 334,5 pesetas. En 1919 fixéronse novas obras, ao parecer de pouca importancia.
Máis importantes foron as actuacións de mediados do século XX. En novembro de 1950 aprobaríanse obras de urxencia por importe de 5 000 pesetas e a cargo do arquitecto Luis Menéndez Pidal. O mesmo titulado realizaría, por importe de 20 000 pesetas, as obras definitivas. Consistirían fundamentalmente nunha escavación á entrada do monumento para rebaixar o terreo e impedir a entrada de auga no interior do mesmo, terminar a espadana do campanario.
A tradición oral di que durante a revolución de Asturias de 1934 os mineiros utilizaron a igrexa de parapeto para defenderse das forzas gobernamentais. Un proxectil afectaría a esquina suroeste, a porta do recinto e parte da bóveda. De ser así, é probable que as obras de 1950 acometeran as reparacións pendentes.
A comunidade Asturias delimitaría a contorna de protección da igrexa en 2009. O Goberno de Asturias realizaría novas obras en 2012. Consistiron na mellora do teito e o reforzo e restauración das paredes do templo. Ademais, cambiáronse as cristaleiras da igrexa e mellorouse a contorna.
A UNESCO declarou a igrexa de Santa Cristina de Ḷḷena Patrimonio da Humanidade en decembro de 1985.
Arquitectura miniatura|esquerda|Santa Cristina de Ḷḷena - fachada principal. miniatura|Interior da igrexa prerrománica de Santa Cristina. Este edificio con planta de cruz grega, infrecuente na arquitectura asturiana, segue os parámetros tradicionais: consta de cinco segmentos en forma cuadrangular, definidos polos arcos que se apoian nunha arcada cega que recorre os muros laterais, sendo un deles, o máis grande, o que conforma a nave principal do templo. O chan atópase a dúas alturas coa entrada máis baixa respecto ao altar. O tipo de bóveda usada é a bóveda de canón que descansa sobre arcos reforzados no exterior por contrafortes.
Está dotada de nártice e de iconostasio, formado por tres arcos de pedra que descansan sobre catro capiteis coas súas respectivas catro columnas de mármore pechadas por celosías caladas en forma rectangular, que separa o presbiterio da nave principal. No fondo pódese ver o iconostasio que segue as pautas da arte de Ramiro I aínda que se poden contemplar motivos visigodos na decoración.
Festa Celébrase unha romaría tradicional con misa na honra a Santa Cristina no exterior do templo todos os anos o último domingo de xullo ás 12:30. Acoden a ela os habitantes das vilas e os casaríos próximos. Ao finalizar a misa realízase a tradicional poxa asturiana da puxa do ramo, que se ofrece á santa.
Visitas A igrexa pódese visitar de martes a domingos. Os luns está pechada. Os meses de novembro e setembro está pechada por vacacións.
Os horarios de visita son: entre decembro e marzo, de 11:00 a 13:00 entre abril e outubro, de 11:00 a 13:00 e de 16:30 a 18:30
Notas
Véxase tamén
Outros artigos Igrexa de Santa María do Naranco Igrexa de San Miguel de Lillo
Categoría:Ḷḷena Llena Categoría:Patrimonio da Humanidade en Asturias Categoría:Bens de Interese Cultural de Asturias Categoría:Arte asturiana