Sotenäs é un concello sueco no condado de Västra Götaland, anteriormente no desaparecido condado de Gotemburgo e Bohus. A súa capital é a localidade de Kungshamn. En decembro do ano 2024 o concello tiña unha poboación de 9 104 habitantes.
O concello está formado por unha paisaxe de val de fractura nunha meseta cuxo leito rochoso está dominado polo granito de Bohus. O granito de Bohus foi durante moito tempo unha parte importante da actividade económica local, que a principios da década de 2020 estaba baseada na pesca, a industria da pedra e o turismo.
Historia administrativa A área do concello correspóndese coa das parroquias de Askum, Kungshamn, Malmön e Tossene, todas elas no härad de Sotenäs. Nesa parroquias fundáronse coa reformamunicipal de 1862 concellos rurais co mesmo nome, pero onde o de Kungshamn tamén era coñecido como concello rural de Gravarne. O concello rural de Malmön fundouse realmente en 1909 a través dunha excisión do de Askum. En 1924 creouse o concello de Smögen tras unha excisión do municipio de Kungshamn.
Na zona existían varias localidades municipais:
Gravarne och Bäckevik, establecida o 14 de setembro de 1894 e disolta a finais de 1959. Hasselösund, establecida o 14 de setembro de 1894 e disolta a finais de 1953. Smögen, establecida o 14 de setembro de 1894 e disolta a finais de 1953. Tången, establecida o 14 de setembro de 1894 e disolta a finais de 1959. Malmön, establecida o 20 de abril de 1900 e disolta a finais de 1959. Hovenäset, establecida o 28 de febreiro de 1902 e disolta a finais de 1953. Hunnebostrand, establecida o 6 de febreiro de 1903 e disolta a finais de 1960. Bovallstrand, establecida o 27 de novembro de 1903 e disolta a finais de 1959. Väjern, establecida o 22 de decembro de 1905 e disolta a finais de 1959. Ulebergshamn, establecida o 29 de outubro de 1926 e disolta a finais de 1959.
Coa reforma municipal de 1952 creouse o municipio rural de Södra Sotenäs (a partir dos concellos rurais de Askum, Malmöns e Kungshamn), mentres que os de Smögen e Tossene permaneceron sen cambios.
Coa refoemamunicipal de 1971 fundáronse os concellos de Smögen, Södra Sotenäs e Tossene a través da transformación dos concellos rurais correspondentes. O actual municipio de Sotenäs naceu en 1974 pola unión deses tres concellos.
Xeografía O concello de Sotenäs está situado na parte central da provincia histórica de Bohuslän co Skagerrak ao oeste.
Xeograficamente o concello forma unha península que ao sur e ao oeste limita co Skagerrak, ao norte coa baía de Bottnafjorden e ao leste coa de Åbyfjorden. Sotenäs fai fronteira ao norte co municipio de Tanum, ao leste co de Munkedal, e ao sueste co de Lysekil.
Notas
Categoría:Concellos de Suecia Categoría:Condado de Västra Götaland