Vadstena é un concello sueco no condado de Östergötland. A súa capital é a localidade de Vadstena.
O concello está situado na beira leste do lago Vättern e consiste principalmente nunha paisaxe de chaira ondulada. A sanidade, a asistencia social e a manufactura, así como o turismo, constitúen a base da economía local.
Dende a fundación do concello en 1980 a poboación mantívose estable. En decembro do ano 2024 Vadstena tiña unha poboación de 7 490 habitantes.
Notas
Categoría:Concellos de Suecia Categoría:Condado de Östergötland