Åre é un concello sueco no condado de Jämtland. A súa capital é a localidade de Järpen.
Trátase dun concello de montaña que fai fronteira con Noruega ao oeste e a través del flúe o río Indalsälven. O turismo de montaña, que comezou a finais do século XIX, caracteriza ao municipio e emprega ao redor do 30 por cento dos ocupados.
Dende o cambio de milenio o seu número de habitantes medrou e durante a tempada turística a poboación é sensiblemente maior. En decembro de 2024 o concello tiña unha poboación de 12 693 habitantes.
Xeografía O concello de Åre atópase ao oeste do condado de Jämtland. Limita ao nordés co municipio de Krokom e ao sur co de Berg, ámbolos dous en Jämtland. Ao oeste do concello están os concellos noruegueses de Meråker e Verdal, e ao norte o de Snåsa.
Notas
Categoría:Concellos de Suecia Categoría:Condado de Jämtland