miniatura|dereita|250px|Distribución dos apelidos máis comúns por provincias en España, segundo datos de 2006. Rodríguez é o apelido máis común en 4 provincias españolas: Ourense, Pontevedra, Huelva e As Palmas. Rodríguez (en ) é un apelido galego e castelán. É un dos apelidos máis frecuentes de España e tamén nos países de Hispanoamérica.

En xaneiro de 2023 existían 215.988 persoas en Galicia co apelido Rodríguez, ben sexa como primeiro ou segundo apelido.Apelido Rodríguez na web do Instituto Galego de Estatística.

Etimoloxía A súa orixe é patronímica, da unión do nome Rodrigo e o sufixo «-ez», que quere dicir «fillo de». O nome Rodrigo, é de orixe protoxermánica latinizado como Roderici, *hrōþiz "fama" + *rīks "rei, gobernador". A orixe do sufixo é descoñecida, mais só se sabe que é prerrománico. O significado do apelido sería "fillo de Rodrigo" ou "fillo do rei famoso".

A orixe do apelido remóntase á Idade Media, probablemente anterior ao século XI.

Frecuencia de uso En 2020, era o segundo apelido máis común entre os de España, con 930.659 habitantes que o tiñan como primeiro apelido. Por provincias, é máis frecuente en Ourense (6,867 %), Provincia das Palmas (4,705 %), Lugo (4,642 %) e Pontevedra (4,069 %). En Portugal, Rodrigues é un dos apelidos máis comúns.

Nos países de Hispanoamérica, o apelido Rodríguez é un dos máis comúns, como en Colombia, Cuba, a República Dominicana e o Uruguai, onde ocupa o primeiro lugar, mentres que na Arxentina e Venezuela é o segundo máis común, e en México e o Perú ostenta o cuarto posto.

Notas

Véxase tamén

Outros artigos Lista de apelidos galegos Ligazóns externas Os apelidos en galego. Orientacións para a súa normalización da Real Academia Galega, 2016.

Categoría:Apelidos galegos Categoría:Apelidos casteláns