A basílica do Sagrado Corazón ou basílica de Koekelberg (francés: Basilique du Sacré-Coeur ou Basilique de Koekelberg, en neerlandés: Basiliek van het Heilig Hart ou Basiliek van Koekelberg) é unha basílica menor e parroquia de culto católico que se atopa no concello de Koekelberg, en Bruselas (Bélxica). Está baixo a advocación do Sagrado Corazón en homenaxe á basílica de París. O rei Leopoldo II colocou a primeira pedra en 1905, durante as celebracións do 75° aniversario da independencia de Bélxica. A súa construción detívos durante as dúas guerras mundiais, e rematou en 1969. No momento da súa contrución era a quinta igrexa meirande do mundo.
A basílica está situada no concello de Koekelberg, sobre o outeiro do mesmo nome que forma parte do Parque Elisabeth. O enorme edificio de ladrillo e cemento conta con dúas torres xemelgas e unha cúpula de cobre verde que acada os 89 m de altura, dominando o horizonte leste de Bruxelas. Combinando a Art déco con elementos neobizantinos, a súa cúpula ofrece unha vista panorámica de Bruxelas e os seus arredores.
Galería de imaxes Exterior
Interior
Notas
Véxase tamén
Bibliografía
Categoría:Koekelberg Categoría:Igrexas de Bélxica