Alberto Evaristo Ginastera, nado en Bos Aires o 11 de abril de 1916 e finado en Xenebra o 25 de xuño de 1983, foi un compositor e profesor erudito arxentino.

Biografía Naceu en Bos Aires e estudou no conservatorio desta cidade, ata graduarse en 1938. En 1942 recibiu unha bolsa da Fundación Guggenheim para estudar nos Estados Unidos entre 1945 e 1947, onde estudou con Aaron Copland en Tanglewood, regresou á súa cidade natal e, con outros compositores, fundou a Liga de Compositores da Arxentina. Ginastera pasou por diferentes etapas da creación, comezando por preocupacións nacionalistas, pero tamén achegándose a estéticas innovadoras, como a música dodecafónica, aleatoria, microtonal e outras. Unha das súas primeiras obras importantes foi o ballet Panambi, estreado en 1937.

Foi o fundador do Conservatorio Nacional de Música e Artes Escénicas (actual Conservatorio Gilardo Gilardi) en 1949 en La Plata. Posteriormente, en 1951, tamén o Conservatorio Julián Aguirre. A súa ópera primeira, Don Rodrigo (1964), que non tivo éxito na súa estrea en Bos Aires, foi aclamada como un triunfo na cidade de Nova York en 1966.

Notas

Categoría:Nados en 1916 Categoría:Nados en Buenos Aires Categoría:Finados en 1983 Categoría:Compositores da Arxentina