Os torques da Recadieira son uns torques castrexos atopados de 1876 a 1884 no castro da Recadieira na Recadieira, Mondoñedo.

Formaron parte da colección de Blanco Cicerón, despois pasou a Álvaro Gil Varela, quen as cedeu ao Museo Provincial de Lugo en novembro de 1974. Tras a morte de Gil Varela, a súa familia solicitou, en 1999, cambios no contrato de cesión, sendo retirada a peza en outubro de 2013. Por fin, en 2015, declarada xa a colección como BIC, a familia e a deputación chegaron a un acordo regresando as pezas ao museo a cambio de 2,3 millóns de euros.

Torques

Torque da Recadieira I Torque da Recadieira II Torque de prata da Recadieira Notas

Categoría:Torques Categoría:Cultura castrexa Categoría:Museo Provincial de Lugo Categoría:Mondoñedo