Filmei paxaros voando é unha longametraxe documental de 2024 dirixida e escrita por Zeltia Outeiriño. O filme gañou o premio ao mellor documental na 23ª edición dos Premios Mestre Mateo.

Argumento Zeltia, tras dúas décadas en Barcelona lonxe da súa Galicia natal e da súa nai Socorro, unha muller conservadora da que se afastou, regresa á súa terra para filmar unha película e explorar o seu desarraigamento familiar. Na súa procura de respostas, segue a vida do seu tío Antonio, un artesán téxtil co que se identifica pola súa creatividade e visión da vida. Con todo, é coa súa nai con quen realmente se reencontra, sobre todo cando a saúde de Socorro empeora. Entre rodaxes e coidados, nai e filla atopan un espazo para sandar vellas feridas e compartir momentos de complicidade e amor.

Neste filme abórdanse temas como o dos coidados, a atención sociosanitaria que reciben as persoas maiores, en concreto as mulleres, a fibromialxia o nesgo de xénero nos diagnósticos, o idadismo ou a homofobia da sociedade.

Notas

Véxase tamén Outros artigos Lista de filmes en galego con maior recadación

Categoría:Filmes de 2024 Categoría:Filmes en lingua galega Categoría:Filmes de Galicia Categoría:Filmes ambientados en Galicia Categoría:Filmes baseados en feitos reais Categoría:Filmes feministas