Ahab é unha banda alemá de funeral doom metal fundada en 2004 polos guitarristas de Midnattsol Christian Hector e Daniel Droste. O grupo leva o nome do capitán Ahab, un personaxe da novela de 1851 Moby Dick de Herman Melville. Xunto co seu nome, a banda tamén se inspira tematicamente en Moby Dick, tendo algunhas cancións incluso citas directas do libro. Ata a data a banda leva publicados cinco álbums de estudio, todos eles a través do selo austríaco Napalm Records.
Discografía Álbums Álbum Ano Selo The Call of the Wretched Sea 2006 Napalm Records The Divinity of Oceans 2009 Napalm Records The Giant 2012 Napalm Records The Boats of the "Glen Carrig" 2015 Napalm Records The Coral Tombs 2023 Napalm Records
Notas
Véxase tamén Ligazóns externas Páxina da banda
Categoría:Grupos musicais de Alemaña Categoría:Grupos musicais de funeral doom Categoría:Grupos musicais de doom metal Categoría:Grupos musicais de metal progresivo Categoría:Grupos musicais formados en 2004