Hipólito Sinforiano Luengo, nado en Zamora o 18 de setembro de 1862, foi un mestre asentado en Ourense.

Traxectoria Mestre, ingresou na masonaría en 1896 na loxa Luz de la Selva de Llagostera co nome simbólico Rousseau. Pertencía á Asociación Esperantista. Foi un dos organizadores da Joventut Republicana Federalista de Figueres. Instalouse en Ourense en 1909 xunto coa súa muller Teresa Roqueta para dirixir a Escola Laica Neutral de Ourense creada no Xardín do Posío pola Agrupación Librepensadora de Ourense a instancias de emigrantes ourensáns na Arxentina. A escola foi sostida pola Unión Orensana en Cuba e a Unión Provincial Orensana de Buenos Aires. miniatura|300px|A Escola Laica Neutral, no centro Hipólito Sinforiano e Teresa Roqueta, circa 1932. Foi un dos fundadores da agrupación ourensá do Partido Republicano Radical en 1909, da que foi nomeado secretario.El Miño, 25-5-1909, p. 2. En marzo de 1912 foi denunciado e condenado por ofensa aos sentimentos relixiosos por non descubrirse ante o Viático,La Región, 1-5-1912, p. 1. condena que foi recorrida en casación ante o Tribunal Supremo, que tamén condenou a Hipólito.La Región, 25-10-1912, p. 1. A consecuencia da folga xeral de 1917, foi detido a mediados de agosto,La Región, 21-8-1917, p. 2. e estivo preso os meses de agosto e setembro de 1917. Foi un dos fundadores do triángulo Adelante de Ourense (1925) e da loxa Constancia da mesma cidade (1932). Dende 1931 pertenceu á Asociación de Trabajadores de la Enseñanza de Orense (ATEO).

A Escola Laica Neutral mantívose ata o golpe de Estado do 18 de xullo de 1936, cando Hipólito e Teresa foron detidos. Hipólito estivo preso na Prisión da Coruña entre o 19 de febreiro de 1937 e o 11 de abril de 1940. Xunto coa muller foron trasladados a Barcelona.Educación lembra os fundadores da Escola Laica Neutral de Ourense 2022. Universidade de Vigo. Foi procesado en rebeldía polo Tribunal Especial para a Represión da Masonería e o Comunismo e condenado a vinticinco anos de reclusión maior e inhabilitación absoluta perpetua.

Vida persoal

Casou con Teresa Roqueta Dalmau, de Llagostera.

Notas

Véxase tamén

Bibliografía

Outros artigos Depuración franquista do maxisterio Ligazóns externas "A 'Escola Laica Neutral' de Ourense, un ensino para "formar cidadáns libres" truncado polo Golpe de Estado de 1936" (2022). Praza.gal. "Expediente de apertura de la Escuela Laica Neutral de Orense (E.N.L.O.)" UDC. "Dos joyas fotograficas" Ourense no tempo . "Teresa Roqueta Dalmau e a Escola Laica de Ourense (ENLO)" (2009). Mulleres ourensás.

Categoría:Profesores de España Categoría:Masóns de España Categoría:Represaliados polo franquismo Categoría:Nados en Zamora Categoría:Nados en 1862 Categoría:Finados en ano descoñecido