Nocturna é unha película de animación franco-española de 2007 dirixida e escrita por Adrià García e Víctor Maldonado, e coproducida por Filmax Animation e Gebeka Films.
Argumento Que fai a noite tan misteriosa? Que nos fai durmir, soñar e espertar pola mañá cos ollos pechados, a boca seca e o cabelo enredado, cos pés fóra da cama, o pixama ata os xeonllos e unhas ganas incontrolables de ouriñar? Quizais hai alguén nalgún lugar, asegurándose de que todo ocorre como debería? É certo que Tim nunca se fixo estas preguntas, pero dende o momento en que, sentado no tellado do orfanato abandonado, viu como aquela estrela pequena e fráxil caer do ceo, comezou a darse conta de que algo non estaba ben como el imaxinaba.
Elenco de dobraxe +PersonaxeActor orixinalActor de dobraxe (Galicia)TimLloyd F. Booth ShankleyAntía Álvarez JiménezPastor de gatosRobert PatersonManuel PombalMokaToby HarperMatías BreaEstrela Polar–Ruth PazoPiJoshua ZamryckiJuan DiéguezNeno–Beatriz BravoMurmurador–Ramiro TaboadaMurrayBrendan PriceDespeiteadora 1–Catherina MartínezDespeiteadora 2–Maxo BarjasDespeiteadora 3–Maika AguadoVoces adicionaisJoe Lewis, Molly Malcolm, and Alex WarnerJulio Lorenzo, Iñaki Baliño, Xosé Tanas, Maika Aguado, Maxo Barjas, Norberto Vilanova, Catherina Martínez, Juan Carballido, Alfonso Agra, Juan Diéguez e Oscar Fernández
Estrea A película estreouse nos cines de España o 11 de outubro de 2007, onde foi dobrada a catro idiomas. En Francia estreouse nos cines uns días despois o 24 de outubro.
Premios
Mellor película de animación nos VI Premios de Cine de Barcelona Goya á mellor película de animación (2008) Festival de Cine de Animación de Annecy (2008): Nomeada ao Cristal á mellor película
Notas
Categoría:Filmes de 2007 Categoría:Filmes en lingua inglesa Categoría:Filmes de España Categoría:Filmes de Francia Categoría:Filmes de 2007 con versión en galego