Aprinxio de Bexa (en ) foi bispo de Beja no tempo do rei visigodo Teudis, durante a primeira metade do século VI. Escribiu un comentario sobre a Apocalipse, que se conserva fragmentariamente.

Traxectoria Non existen moitos datos fidedignos sobre a vida de Aprinxio. A única fonte fiable sobre a súa figura é un fragmento de Isidoro de Sevilla (560-636) no que se fai referencia á súa escrita e ao seu tempo (o reinado do visigodo Teudis). Segundo o cartaxinés:

A orixe grega do seu nome fai supoñer que procedía dunha familia estranxeira asentada na península Ibérica, ou que quizais fose un súbdito do Imperio Bizantino.

Obra Aprinxio de Bexa é coñecido polo seu comentario á Apocalipse de san Xoán. Destaca pola súa perspectiva historicista, que interpreta o texto como un comentario sobre a Igrexa da súa época, e non como unha visión real dos derradeiros días da humanidade. Secasí, sitúase na corrente hermenéutica alegórica, polo que intenta atopar en todas as pasaxes algún sentido oculto ou relixioso, para alén da literalidade da obra.

Notas

Véxase tamén Bibliografía

Categoría:Bispos de Portugal Categoría:Nados no século VI Categoría:Escritores en lingua latina