Filaret (en ; en ), nado como Kirill Varfolomeevich Vakhromeev (en ) o 21 de marzo de 1935 en Moscova (RSFS de Rusia) e finado o 12 de xaneiro de 2021 en Minsk (Belarús), foi un bispo ortodoxo ruso, exarca patricarcal de Belarús dende 1989 até 2013. Traxectoria Naceu o 21 de marzo de 1935 en Moscova (RSFS de Rusia, Unión Soviética), fillo do musicólogo Varfolomei Vakhromeev. Logo de pasar un ano no seminario, en 1954 ingresou na Academia Teolóxica de Moscova. En 1959 foi tonsurado monxe, tomando o nome de Filaret. Dous anos máis tarde, doutorouse en Teoloxía pola Academia. Exerceu a súa labor en Misnk, Kaliningrado e Moscova. Segundo algunhas fontes, algún tempo antes de 1969 fora recrutado como axente polo KGB, co nome en clave de Ostrovsky.
En 1978 foi nomeado metropolita de Minsk, e co colapso da Unión Soviética en 1989 foi nomeado exarca patriarcal de Belarús. Durante algún tempo foi tamén parte do Soviet Supremo da República Socialista Soviética de Belarús.
Renunciou ao cargo o 25 de decembro de 2013, e foi sucedido por Pavel Ponomarev.
Finou o 12 de xaneiro de 2021, logo de ser hospitalizado por COVID-19.
Ecumenismo Logo do seu pasamento, o cardeal Kurt Koch enviou unha carta de condolencias ao exarca patriarcal Vienijamin Tupieka. Koch dixo que Filaret deixara unha pegada significativa na vida da Igrexa en Belarús, contribuíndo a un renacemento da vida eclesial, e que tamén facilitara unha maior comprensión entre os cristiáns orientais e occidentais, e particularmente entre a Igrexa ortodoxa e a Igrexa católica. O 15 de xaneiro de 2021 o arcebispo emérito de Minsk-Mahilioŭ Tadeusz Kondrusiewicz celebrou unha misa funeral por Filaret na catedral do Santo Nome de María de Minsk, que foi concelebrada polo visitador apostólico para os greco-católicos de Belarús Siarhiej Hajek; na homilía lembrouse que cando non había suficientes sacerdotes e igrexas católicas, Filaret autorizara aos sacerdotes ortodoxos a administrar a Eucaristía e a confesión aos fieis católicos.
Premios e distincións En 2006 foi recoñecido co título de Heroe de Belarús polo presidente Aliaksandr Lukašenka.
O 3 de maio de 2022 foi inaugurado un monumento a Filaret preto da catedral do Espírito Santo de Minsk.
Notas
Categoría:Nados en 1935 Categoría:Nados en Moscova Categoría:Finados en 2021 Categoría:Finados pola COVID-19 Categoría:Bispos ortodoxos de Rusia Categoría:Bispos ortodoxos de Belarús Categoría:Bispos da Igrexa ortodoxa rusa Categoría:Bispos ortodoxos do século XX