Hipólito Rodríguez Soto, nado en Vigo cara a 1915, foi un tipógrafo, debuxante e pintor galego.

Traxectoria Aos trece anos participou nunha exposición colectiva en Faro de Vigo. Tipógrafo veciño de Bembrive, militante do Partido Comunista de España, era secretario do Centro de Estudios Sociales y Científicos La Libertad de Bembrive. Co golpe de Estado do 18 de xullo de 1936 fuxiu e agochouse. O xuíz militar de Vigo reclamou a súa presentación mediante requisitoria o 11 de outubro de 1936 xunto cos tamén veciños de Bembrive Benito Manuel Cameselle Costas e Claudio Pérez (Claudino el Manco).El Pueblo Gallego, 11-10-1936, p. 3. Volveu ser reclamado porlo xuíz militar mediante requisitoria o 20 de decembro.El Pueblo Gallego, 22-12-1936, p. 2. Finalmente capturado, foi xulgado en Vigo por rebelión militar e condenado a 12 anos de prisión. Ingresou na Prisión do Partido de Vigo o 4 de xullo de 1939. Ábríronlle expediente de responsabilidades políticas en outubro de 1940.BOE, 21-12-1940, p. 5803-5404. Conmutada a pena a 6 anos, saíu da Prisión provincial de Pontevedra en liberdade condicional en setembro de 1941.BOE, 13-9-1941, p. 7010. Despois de saír da cadea, tivo que cumprir o servizo militar en Pontevedra, onde coñeceu a Castor Calvo.Castor Calvo, o boxeador amigo de artistas e escritores En xaneiro de 1944 dous óleos seus foron galardoados con accésit na II Exposición Nacional de Arte organizada por Educación y Descanso.El Pueblo Gallego, 21-1-1944, p. 2. Inaugurou a súa segunda exposición nos salóns do Casino en marzo de 1946.Cartel, 15-3-1946, p. 4. Volveu expoñer no Foto Club de Vigo en novembro.El Correo Gallego, 27-11-1946, p. 2. En 1951 espuxo na Sala Velázquez de Vigo.El Pueblo Gallego, 11-4-1951, p. 5. En 1953 un grupo de amigos organizou unha cea-homenaxe con motivo da súa exposición no Foto Club.La Noche, 30-11-1953, p. 2 Marchou a Venezuela en 1955.

Notas

Véxase tamén Bibliografía

Categoría:Pintores de Galicia do século XX Categoría:Debuxantes de Galicia Categoría:Represaliados polo franquismo Categoría:Galegos de Venezuela Categoría:Nados en Vigo

Categoría:Nados en 1915

Categoría:Finados en ano descoñecido