Lucas Pardo Pardo, nado no Souto (Vilamarín) o 13 de xullo de 2003, é un estudante universitario e militante nacionalista galego. Dende novembro do 2024 ocupa o cargo de portavoz nacional de Erguer - Estudantes da Galiza.
Traxectoria Fixo bachatelato no IES García Barbón de Verín. Dende o 2021 é estudante de Historia na Universidade de Santiago de Compostela.
Tras ser responsable da zona de Santiago de Compostela en Erguer - Estudantes da Galiza, Lucas foi elixido portavoz nacional de Erguer durante a V asemblea nacional, substituíndo a Artai Gabiás como líder da organización.
Así mesmo, forma parte da dirección da UMG (a organización xuvenil da Unión do Povo Galego)
Aparición televisiva Durante a realización da campaña de vivenda dos Estudantes de Galiza de comezo do curso 2024-25, foi invitado ao programa televisivo de TVE 59 segundos, onde compartiu espazo con figuras políticas do estado español coma Pablo Iglesias ou Celia Villalobos, onde defendeu o dereito á vivenda e a necesidade de mobilización social.
Notas
Categoría:Nados en Oímbra Categoría:Nados en 2003
Categoría:Alumnos da Universidade de Santiago de Compostela