Radu Rosetti, nado o 14 de setembro de 1853 en Iași e finado o 12 de febreiro de 1926 en Bucarest, foi un político, historiador, xenealoxista e escritor romanés, pai do xeneral Radu R. Rosetti e un membro destacado da familia boiarda dos Rosetti.

Traxectoria Familia e primeiros anos miniatura|esquerda|Casa familiar dos Rosetti en Căiuți Naceu nun palacio da entón capital do principado de Moldova, nominalmente so poder otomán pero en realidade un protectorado do Imperio Ruso. Descendía dos Rosetti por parte do pai, Răducanu Rosetti o Novo, e máis concretamente do irmán do príncipe reinante moldovo Antonie Ruset (c. 1615 – 1685) e dos Ghica por parte da nai Aglaia Ghica, a filla máis vella do segundo matrimonio do príncipe de Moldova, Grigore Alexandru Ghica, con Ana Catargiu. Radu pasou a súa infancia e mocidade na propiedade que a familia tiña en Căiuți, nas proximidades da vila balneario de Slănic-Moldova, cos seus irmáns, un varón e varias irmás, entre elas Ana e Margot , criouse en romanés mais adquiriu o grego da súa avoa paterna, e posteriormente aprendeu francés, alemán, italiano e castelán, ademais de ter coñecementos de latín e antigo eslavo eclesiástico. Educouse na súa cidade natal, Xenebra e París, cidade na que realizou os estudos secundarios e logrou o seu baccalauréat . Durante a súa estadía en Suíza aconteceu a Guerra franco-prusiana que significou a caída do emperador Napoleón III e a proclamación da Terceira República en Francia. Eses acontecementos consolidaron as súas crenzas conservadoras e lexitimistas e así, durante a Terceira guerra carlista, participou do contravando de armas en Navarra a favor dos carlistas. De regreso ao país despois da morte do seu pai, en xuño de 1872, herdou Căiuți e adoitaba cazar dos seus bosques e convidaba a figuras importantes da vida pública romanesa, como Dimitrie Ghica-Comănești, Dimitrie A. Grecianu, Dimitrie Rosetti Tescanu, Anghel Saligny ou Alexandru B. Știrbei sen facer distincións entre os partidarios do gobernante Partido Nacional Liberal e os do Partido Conservador, na oposición.

En xuño de 1876 casou na igrexa ortodoxa da súa cidade natal con Henrieta Bogdan, filla do oficial de artillería moldova Lascăr Bogdan que morrera anos antes, e ela quedara baixo a supervisión dun familiar, Grigore Sturdza; a súa irmá, Elena, casara co oficial dos ulano Mișa Sturdza. Foi durante algúns anos alcalde de Căiuți e nesa época naceron seus fillos, Radu en 1877 (historiador e xeneral), Henri en 1879 (avogado), en Eugène 1881 (xornalista) e Magdalena en 1882. En 1888 deixou a propiedade e aveciñouse en Târgu Ocna, nunha casa vilega, antiga propiedade de de Costache Negri.

Actividade política En decembro de 1888 alentado polos historiadores Ioan Bianu e Bogdan Petriceicu Hasdeu, Rosetti publicou o seu primeiro traballo de xenealoxía e historia agraria en Revista Nouă. Membro do Partido Conservador, en agosto de 1889 o goberno designouno o seu representante (prefecto) no condado de Roman logo da chegada ao poder Lascăr Catargiu, na esperanza de reducir a axitación socialista na zona, pero tras a caída do goberno de Catargiu en novembro, Rosetti tamén deixou o seu posto. O ano 1890 pasouno en París, enfermo, baixo tratamento do doutor Jean-Martin Charcot. En 1891 volveu a Romanía e saíu electo deputado na Asemblea Nacional pola terceira circunscrición do condado de Fălciu e resultou reelixido ao ano seguinte. En outubro de 1892 o goberno nomeouno o seu representante (prefecto) no condado de Brăila e Catargiu pediulle auditar a sección local dos conservadores, o que anoxou a Nicolae Filipescu, un dos líderes conservadores máis novos. Rosetti tentou coa axuda do presidente do PNL, Dimitrie Sturdza, establecer un consello bipartidista de homes respetables, mais cando a nova chegou á prensa irritou a parte dos conservadores, e ademais durante o seu mandato declarouse unha epidemia de cólera, o alagamento nas beiras do Danubio e houbo folgas de estibadores. Despois dun ano, en outubro de 1893, pasou a ser o representante do goberno no condado de Bacău, e alí intentou combater a corrupción e principiou diversas obras públicas, pero á vez procurou asegurar a vitoria do seu protexido, G. I. Donici, nunha elección parcial para a Asemblea de Deputados. En abril de 1894 houbo revoltas campesiñas contra das reformas impositivas dos conservadores, e causaron disturbios en Ardeoani e Răcăciuni, e algunhas voces no seo dos conservadores responsabilizaron a Rosetti polos 17 xendarmes feridos e un número descoñecido de labregos represaliados. Durante a súa época en Bacău entrou en rivalidade co xefe conservador local e sobriño seu, Eugen Ghica-Comănești que se opuxo ao seu programa de reformas. En xaneiro de 1895, con Catargiu aínda primeiro ministro accedeu ao cargo de director xeral de prisións e durante o seu mandato tentou reformar a bucrocracia das prisións e loitar contra da corrupción. En outubro dese ano ao caer o goberno conservador en favor dun goberno do PNL liderado por Sturdza, Rosetti deixou o seu posto. Nesa época comezou a traballar na súa primeira novela, Cu paloșul , de carácter histórico sobre a vida e aventuras de Bogdan I e que se publicou como un folletón no xornal conservador Epoca.

Sen ingresos regulares para vivir decentemente logrou en abril de 1898 un posto de axudante de arquiveiro no ministerio de exteriores e ao ano seguinte pasou o departamento de proxectos especiais e traballou na comisión para a delimitación da fronteira entre Austria-Hungría e Romanía e asumiu a xefatura do departamento en abril de 1902, que coincidiu coa delimitación da fronteira con Bulgaria. Actividade historiográfica miniatura|Gravado de Monde Illustré sobre a represión dunha unidade militar contra dos xudeus de Iași en 1876 e que segundo Verax (Radu Rosetti) nunca existiu miniatura|1907 de Octav Băncilă sobre a revolución labrega de 1907 En 1902 publicou en Convorbiri Literare un traballo xenealóxico sobre a familia dos Ghica, que levantou controversias, ao afirmar que a rama dos Ghica-Comănești foran usurpadores e que en realidade descendían da familia Suldjaroglu . En 1905 publicou Cu paloșul como volume independente e gozou dun notable éxito, e nese ano apareceu tamén unha monografía sobre Răducăneni–Bohotin e Vascani, un estudo sobre o catolicismo moldovo e os csángós, húngaros católicos de Moldova, e unha xenealoxía dos Răducăneni RosettisȘtefan Ștefănescu, "Rosetti, Radu I.", in Enciclopedia istoriografiei românești, p. 284. Bucarest: Editura științifică și enciclopedică, 1978. Durante un tempo os seus traballos concentráronse en Besarabia, unha antiga provincia moldova cedida ao Imperio Ruso.

Por indicación de Ioan Lahovary, tamén comezou a investigar para realizar unha obra sobre a historia dos xudeus en Romanía. Publicouse en 1903 en francés so o título La Roumanie et les Juifs, baixo o pseudónimo de "Vérax", e logo o propio Rosetti traduciuno ao inglés. Deu orixe a unha polémica coa Alianza Israélite Universelle (AIU), e máis especificamente co publicista Edmond Sincerus"Elias Schwarzfeld", in L'Univers Israélite, vol. 71, nª 19, xullo de 1915, pp. 465–466.. O historiador nacionalista Nicolae Iorga criticou o traballo como académico e moderado de máis, e que ao se basear en estatísticas oficiais infravaloraba o número de xudeus que realmente residían no paísNicolae Iorga, Problema evreiască la Cameră și Note despre vechimea evreilor în țară, pp. 16–17. Vălenii de Munte: Neamul Românesc, 1910.. Segundo Radu R. Rosetti que axudou a seu pais coas estatísticas, o traballo respondía "á campaña xudía contra da Romanía" e era obxectivo, e defendía un antisemitismo como protección económica e non como prexuízo racial. Rosetti expresou simpatía polo sionismo ao reforzar as súa crenza na inasimilidade dos xudeusH. Bouët, "Comptes rendus. La Roumanie et les Juifs, par Vérax", in Journal des Économistes, vol. I, nº 1, xaneiro de 1904, pp. 130–131. e o ensaio insistía en que a emancipación dos xudeus non era unha opción. Segundo Rosetti, os xudeus impedían aos romaneses converterse nunha clase media emprendedora. Admitía a historia dos pogroms, pero argumentou que equivalían a outros actos de violencia provocados pola competición económica.

En setembro de 1905 enviuvou e, cos fillos xa independizados, complementaba os seus ingresos exercendo como investigador de seguros. Nesta época procupouse pola situación social do campesiñado moldovo, a primeira das súas obras en afrontar abertamente a cuestión das desigualdades agrarias e das tensións sobre da terra foi Despre originea și transformările clasei stăpânitoare din Moldova que publicou en 1906. Volveu o seu ollar para o dereito valaco, e suxeriu que os antigos romaneses eran todos homes libres organizados en comunidades agrícolas autónomas (obști), que os latifundios só se impuxeran polo latrocinio dos boiardos e que a servidume só se consolidara na época de Miguel o Valente a fins do século XVI. En relación coas reivindicacións xenealóxicas dos nobres romaneses, Rosetti distinguía entre unha camada de uradel de cneaz e un estrato posterior de fanariotas, e neste último incluía a súa propia liñaxe.

As teses da súa obra eran fundamentalmente erróneas, como sinalou o medievalista Ștefan Ștefănescu, mais tiveron o mérito de rachar coa historiografía tradicional romanesa, que idealizaba o pasado . Rosetti tamén touco outros temas controvertidos, como a Dacia romana e a orixe dos romaneses, suliñando que a colonización romana foi feble e cría que a nación fora produto dos invasores eslavos meridionais e cativos da diocese de Dacia. Esta teoría confrontouna deseguida Dimitrie Onciul, quen citou fontes antiagas que contradicían a Rosetti.Ștefan Ștefănescu, "Dimitre Onciul – Un istoric ilustru al generației Marii Uniri", in Dimitrie Onciul, Scrieri alese (1856–1923), pp. xiv–xv. Bucarest: Editura Academiei, 2006. .

En xaneiro de 1906 o conservador Cantacuzino sucedeu ao liberal Sturdza como primeiro ministro, e Rosetti, agora simpatizante liberal, cesou en abril dese ano. Sen chegar a entrar no PNL estaba en boas relacións coa súa á esquerda e co emerxente movemento poporanista. En decembro publicou Pământul, sătenii și stăpânii în Moldova, que na década de 1940 Traian Herseni cualificou como unha das obras máis valiosas do período, unha contribución pioneira á socioloxía rurale constituía un ataque ao principios dos teóricos conservadores, sobre todo Titu Maiorescu e Duiliu Zamfirescu. Aínda así, e malia as obxeccións de Maiorescu e Ioan Kalinderu, a Academia Romanesa votou concederlle o seu premio Năsturel Herescu.

A revolta dos labregos de febreiro que comezou en Hârlău, no norte de Moldova e logo de tres semanas espallouse rapidamente chegando ata Valaquia. A causa era a desigualdade da propiedade da terra, que estaba na meirande parte en mans duns poucos propietarios. Provocou a caída do goberno conservador en marzo e a volta ao poder dos liberais da man de Sturdza que coa axuda do exército puxo fin á revolta en abril e que causou a morte de milleiros de campesiños. A raíz deses acontecementos Rosetti publicou a fins dese ano de 1907 Pentru ce s-au răsculat țăranii? sobre as razóns do levantamento e argumentou que era unha reacción contra o latifundios e os arrendamentos e documentou a sobrevivencia de obrigas semellantes ás da servitude, cos labregos obrigados a pagar por forraxe e presionados a pagar as rendas aos arendaș, intermediarios, en boa parte xudeus, entre os grandes propietarios, que adoitaban vivir nas cidades, e os campesiños. Con este tratado, Rosetti tamén emerxeu como partidario dunha reforma agraria radical .