Iván Marcos, nado en 1980, é un actor galego. É recoñecido polo seu traballo en televisión para series como Fariña (2018), 45 revoluciones (2019) ou Jaguar (2021). En 2018 foi galardoado cun Mestre Mateo ao mellor actor principal na 16ª edición dos premios pola súa interpretación en Dhogs.

Traxectoria Iván Marcos naceu en 1980 en Galicia, e formouse en interpretación na escola École Philippe Gaulier do Reino Unido.

Obtivo o seu primeiro papel importante no ano 2011 coa serie Matalobos, emitida na TVG, onde interpretou a Méndez a partir da terceira tempada. Máis adiante, participou no filme Todo é silencio (2012) de José Luis Cuerda e despois en Las altas presiones (2014) e Un trabajo inesperado (Un petit boulot, 2016) de Pascal Chaumeil.

En 2017 obtivo recoñecemento logo de protagonizar o filme Dhogs, dirixido por Andrés Goteira, papel co que gañou o Premio Mestre Mateo á mellor interpretación masculina protagonista. Posteriormente, regresou á televisión, desta volta para participar na serie Fariña co papel de Braulio Montes, ademais de interpretar a Curro na serie orixinal de Netflix Las chicas del cable durante tres episodios, ambas en 2018. Un ano despois foi o protagonista da serie 45 revoluciones, xunto a Carlos Cuevas e Guiomar Puerta, emitida en Antena 3.

A comezos de 2020 foi un dos protagonistas do filme de terror Malasaña 32, co papel de Manolo, o pai dunha familia que se instala nun edificio onde ocorren fenómenos paranormais. Ademais, tivo unha pequena participación na serie de Televisión Española Cuéntame cómo pasó. Ese mesmo ano protagonizou xunto a Blanca Suárez a serie orixinal de Netflix Jaguar, co papel de Lucena, que se estreou mundialmente en setembro de 2021. Antes da estrea da serie, en xuño de 2021, anunciouse a súa incorporación á serie de Atresmedia Heridas, adaptación da telenovela turca Anne.

Filmografía Cinema Ano Título Personaxe Director 2011 Crebinsky Extra Enrique Otero2012 Invasor Enfermeiro Daniel Calparsoro Todo é silencio Banker José Luis Cuerda 2014 Las altas presiones Xavi Ángel Santos 2016 Un trabajo inesperado Jaime Pascal Chaumeil 2018 Dhogs Jon Doe Andrés Goteira 2020 Malasaña 32 Manolo Olmedo Albert Pintó

Televisión Ano Título Personaxe Canle Notas 2005 Omar Martínez ModregoTVG Telefilme 2011 Emilia Pardo Bazán, a condesa rebelde Alumno Telefilme 2011 - 2012 Matalobos Méndez 8 episodios 2013 Padre Casares Extra 2 episodios 2014 - 2018 Pazo de familia Daniel 107 episodios 2017 Juana de Vega. Vizcondesa do Arado Avogado 2 episodios2018 Fariña Braulio Montes Antena 3 6 episodios Las chicas del cable Curro Netflix 3 episodios 2019 45 revoluciones Guillermo Rojas Antena 3 13 episodios 2020 Cuéntame cómo pasó Jero TVE 2 episodios 2021 The Mallorca files Jaume Borrell BBC One 1 episodio 2021 - presente Jaguar Lucena Netflix 6 episodios 2022 Heridas Héctor Antena 3/Atresplayer Premium 13 episodios

Galardóns e nomeamentos Ano Premio Categoría Traballo Resultado Ref. 2018 Premios Mestre Mateo Mellor interpretación masculina protagonista DhogsGañador

Notas

Categoría:Nados en 1980 Categoría:Actores de televisión de Galicia Categoría:Actores de teatro de Galicia Categoría:Actores de cinema de Galicia Categoría:Premio Mestre Mateo á mellor interpretación masculina protagonista Categoría:Personalidades de Galicia sen imaxes