A lingua yurok (tamén coñecida como chillula, mita, pekwan, rikwa, sugon, weitspek ou weitspekan) é unha lingua da familia áxica. É a lingua tradicional do pobo yurok, o cal vive nos condados de Del Norte e Humboldt, na costa norte de California. O derradeiro falante nativo coñecido, Archie Thompson, morreu en 2013. Dende 2012, ensínase yurok nas clases a estudantes de instituto, e estanse a levar a cabo outros esforzos de revitalización lingüística para facer medrar a poboación de falantes.Atherton (2010) O yurok está clasificado como en perigo crítico polo Libro Vermello das Linguas Ameazadas da UNESCO.
A referencia estándar sobre a gramática da lingua Yurok é obra de R. H. Robins (1958).Robins, Robert H. 1958. The Yurok Language: Grammar, Texts, Lexicon. University of California Publications in Linguistics 15.
Status da lingua O programa para revivir o yurok foi eloxiado como o programa de dinamización lingüística máis exitoso de California.Romney, Lee. (6 de febreiro de 2013). Revival of nearly extinct Yurok language is a success story . The Los Angeles Times. Consultado o 7 de febreiro de 2013 Dende o ano 2014, hai seis escolas no norte de California que ensinan yurok: catro escolas secundarias e dúas escolas primarias. Rick Jordan, director do Eureka High School, unha das escolas cun programa de lingua yurok, comentou sobre o impacto que poden ter as escolas na vitalidade dunha lingua: "Hai cen anos, eran as nosas organizacións as que estaban combatendo contra a lingua da xente, e agora estamos tentando reinculcalo, un pequeno anaco de algo que é moito máis grande ca nós".
O derradeiro falante activo e nativo coñecido de yurok, Archie Thompson, faleceu o 26 de marzo de 2013. "Tamén foi o último duns 20 anciáns que axudaron a revitalizar a lingua durante as últimas décadas, logo de que os académicos en 1990 predixeran que se extinguiría en 2010. Fixo gravacións da lingua que foron arquivadas polos lingüistas da Universidade de Berkeley, e a tribo pasou horas axudando a ensinar yurok nas aulas comunitarias e escolares e deu a benvida aos aprendices para probar os seus coñecementos".
Os lingüistas da UC Berkeley comezaron o Proxecto Lingüístico Yurok en 2001. O profesor Andrew Garrett e a doutora Juliette Blevins colaboraron con anciáns tribais nun dicionario yurok que foi aclamado como un modelo nacional. Porén, o proxecto da lingua yurok afondou moito máis ca un léxico impreso. O dicionario está dispoñible en liña e tamén é posible buscar nun dicionario de son: un repositorio de clips de son de palabras e frases curtas. Para un estudo máis profundo, hai unha base de datos de textos compilados onde se poden ver palabras e frases como parte dun contexto máis amplo.
En febreiro de 2013, había máis de 300 falantes básicos de yurok, 60 cunha habilidades intermedias, 37 avanzados e 17 que se consideran fluídos na conversa. Dende 2014, nove persoas están certificadas para ensinar yurok nas escolas. Dado que o yurok, como moitas outras linguas nativas americanas, utiliza un sistema de mestre-aprendiz para formar falantes na lingua, non tería sido posible ter eses profesores certificados sen unha lexislación aprobada en 2009 no estado de California que permitiu ás tribos indíxenas o poder de nomear os seus propios profesores de lingua.
Notas
Véxase tamén
Bibliografía
Categoría:Linguas álxicas Categoría:Linguas mortas de América do Norte Categoría:Linguas dos Estados Unidos de América Categoría:Pobo yurok Categoría:Revitalización de linguas nativas americanas