Equécrates (en grego antigo Ἐχεκράτης) foi un filósofo grego da escola de Pitágoras, nado en Fliúnte segundo Dióxenes Laercio Dióxenes Laercio. Vidas e opinións de filósofos ilustres VII, 46 Traxectoria Foi contemporáneo de Platón, que o menciona no seu diálogo Fedón. Equecrates atopa a Fedón, o personaxe que dá nome ao diálogo, tempo despois da morte de Sócrates e pídelle que lle conte a historia das últimas horas do famoso filósofo axustizadoPlatón. Fedón, 57a-59b. A maior parte do resto do diálogo está ocupado pola explicación de Fedón, aínda que Equécrates o interrompe varias veces para lle facer preguntas relevantes e para reconducir a discusiónPlatón. Fedón, 88c-89a, 102a. Cicerón tamén o cita, e Aristóxeno de Tarento di que foi discípulo de Filolao de Crotona e Eurito. Notas
Categoría:Filósofos da Grecia antiga Categoría:Nados no século -V Categoría:Personalidades de Fliúnte na Antigüidade Categoría:Finados no século -IV