Evelyn Elizabeth Ann Glennie, máis coñecida como Evelyn Glennie, nada en Aberdeen o 19 de xullo de 1965, é unha percusionista e compositora escocesa.
Traxectoria Comezou a estudar piano aos 8 anos e instrumentos de percusión aos 12 anos. Ficou xorda a unha idade temperá debido ao dano progresivo dun nervio acústico, Evelyn Glennie aínda é capaz de escoitar música, observando e percibindo as súas vibracións. É unha das poucas percusionistas que conseguiu facer unha carreira en solitario, realizando uns 100 concertos ao ano.
Como compositora escribiu máis de 100 pezas, entre concertos e outras composicións para percusión solista. Colaborou con diversos músicos, como Björk, Steve Hackett, Béla Fleck, Bobby McFerrin, Fred Frith ou Mark Knopfler.
Recoñecementos
En 1989 gañou o premio Grammy á mellor interpretación de música de cámara, polo álbum con David Corkhill, Murray Perahia e Georg Solti sobre Bartók: Sonata for Two Pianos & Percussion para Kultur Video. En 2002 gañou o Grammy Award for Best Classical Crossover Album, polo álbum de 2001 Béla Fleck, Perpetual Motion, con Fleck, James Bryan Sutton e John Williams, para Sony. En 2014 gañou o Grammy Award for Best Classical Instrumental Solo por Corigliano: Conjurer, Vocalise - Glennie, Hila Plitmann, David Alan Miller, Albany Symphony Orchestra do 2013, para Naxos.
Discografía CD "Rhythm Song", Orquestra Filharmónica Nacional (RCA Victor, 1990) Veni, Veni Emmanuel de James MacMillan (Teldec, 1992). Last Night Celebrations, (Teldec, 1994).
Espectáculos e xiras (escolma) Estrea europea de City Adventures, obra de Geoffrey Burgon (1996). Festivais de Exeter, Windsor e Peterborough (1996).
Audiovisuais Sonata para dous pianos e percusión de Béla Bartók, con Georg Solti, Murray Perahia e David Corkhill. (CBS ). Gañou o premio Grammy. Evelyn in Rio, participación no Carnaval. ( Decca Records ). Participación no programa Björk Unplugged e posterior gravación de novos temas, como "My Spine". (MTV). Notas
Véxase tamén
Outros artigos
Marimba Música clásica contemporánea Rock progresivo Resonancia Vibración
Ligazóns externas "Feeling Sound with Evelyn Glennie" (Vídeo en youtube.com no que explica como o seu corpo actúa como unha cámara de resonancia con respecto ás vibracións sonoras e como "escoita" doutro xeito).
Categoría:Alumnos da Royal Academy of Music Categoría:Personalidades do jazz Categoría:Personalidades da música clásica Categoría:Músicos de Escocia por instrumento Categoría:Compositores do Reino Unido Categoría:Nados en Aberdeen Categoría:Nados en 1965