Juan Carlos Arana Gómez, nado nas Palmas de Gran Canaria o 8 de febreiro de 2000, é un futbolista español que xoga como dianteiro no Racing de Santander .
Traxectoria Comezou a xogar ao fútbol nas canteiras de varios clubs, entre eles a UD Las Palmas, o Real Madrid, o Atlético de Madrid e o Vilarreal. Xogou tamén nas categorías inferiores do Unión Viera, chegando a debutar co primeiro equipo na Terceira División.
Despois de xogar no CD Roda, no Villarreal C e no Villarreal B, asinou un contrato co Eibar, da Segunda División. Na tempada 2023/24 xogou cedido no Racing de Santander, ao que se incorporou definitivamente para a campaña 2024/25.
Notas
Categoría:Nados en 2000 Categoría:Nados nas Palmas de Gran Canaria Categoría:Futbolistas das Canarias Categoría:Dianteiros de fútbol Categoría:Xogadores do Villarreal CF C Categoría:Xogadores do Villarreal CF B Categoría:Xogadores do SD Eibar Categoría:Xogadores do Racing de Santander