A lingua mohegan-pequot (tamén coñecida como mohegan-pequot-montauk, secatogue ou shinnecock-poosepatuck) é unha lingua algonquina morta que foi falada outrora por varios pobos indíxenas (mohegan, pequot) que habitaban os actuais sur de Nova Inglaterra e leste de Long Island.Lewis, M. Paul (ed.), 2009. Ethnologue: Languages of the World. 16th edition. Dallas: Summer Institute of Linguistics En 1908, foi declarada extinta coa morte de Fidelia Fielding.
Documentación da lingua A lingua foi documentada xa no século XVII. En 1690, o reverendo James Noyes elaborou unha lista de vocabulario pequot en Groton. En 1717, Experience Mayhew, un ministro congregacional traduciu o Nosopai ao mohegan-pequot. Ezra Stiles, presidente da Universidade Yale recolleu datos lingüísticos do pequot en Groton en 1762.
Esforzos de revitalización Segundo datos de 2014, había entre 1.400 e 1.700 membros tribais rexistrados (estas cifras varían segundo a fonte). A lingua mohegan estivo latente durante aproximadamente 100 anos, xa que a derradeira falante nativa, Fidelia Fielding, morreu en 1908. Fielding, unha descendente do xefe Uncas, é considerada a gran preservadora da lingua. Deixou catro diarios que se están a utilizar no proceso de restauración da lingua do século XXI. Tamén participou na preservación da cultura tradicional. Ela practicou un estilo de vida tradicional mohegan e foi a última persoa en vivir nunha vivenda tradicional de troncos.
Outro membro importante da tribo foi Gladys Tantaquidgeon, que foi a curadeira da tribo dende 1916 ata a súa morte en 2005. Ela tamén axudou moito a manter a cultura mohegan, xa que recolleu miles de documentos e artefactos tribais. Estes documentos foron de importancia crítica para o seu caso de recoñecemento federal, que foi aprobado en 1994.
No ano 2010, as nacións Shinnecock e Unkechaug de Long Island comezaron a traballar coa Universidade Estatal de Nova York en Stony Brook, no campus de Southampton, para revivir a lingua dos seus devanceiros.
A partir de 2012, o "Mohegan Language Project" creou leccións, un dicionario e outros materiais de aprendizaxe en liña para revivir a súa lingua. O proxecto tamén ten unha gramática completa nos traballos, que foi elaborada por Stephanie Fielding. O obxectivo principal do proxecto é que a próxima xeración de mohegans teña fluidez coa lingua.
Moitos dos dicionarios que circulan baséanse na interpretación de Prince e Speck da fala de Fidelia Fielding, tamén coñecida na súa lingua como Dji's Butnaca (Paxaro voador).
A colección do Museo e Centro de Investigación Mashantucket Pequot inclúe un menú de 1992 "que tenta traducir palabras como hamburguesa e hot dog ao mohegan-pequot".
As oracións da Fe bahá'í foron traducidas á lingua mohegan-pequot.
"É unha obriga sagrada", declarou o xefe de Golden Hill Paugussett, Big Eagle. "Os indios deben manter as súas linguas vivas. Se a lingua non se fala, hai que facela vivir de novo".
Notas
Véxase tamén
Bibliografía
Cowan, William. Pequot from Stiles to Speck. International Journal of American Linguistics. The University of Chicago Press. Vol. 39, No. 3 (Jul., 1973), pp. 164–172 De Forest, John W. "The Lord's Prayer in the Pequot Tongue." In History of the Indians of Connecticut. 1852. Reprint, Brighton, MI: Native American Book Publishers, 1994. Michelson, Truman. "The Linguistic Classification of Pequot-Mohegan." American Anthropologist 26 (1924): 295. Pickering, John, ed. "Doctor Edwards' Observations on the Mohegan Languages." Collections of the Massachusetts Historical Society. Series 2 Volume 10 (1823): 81-160. Prince, J. Dyneley e Frank G. Speck. "Glossary of the Mohegan-Pequot Language." American Anthropologist 6 (1904): 18-45. Prince, J. Dyneley e Frank G. Speck. "The Modern Pequots and Their Language." American Anthropologist 5 (1903): 193-212. Speck, Frank. "A Modern Mohegan-Pequot Text." American Anthropologist 6 (1904): 469-76. Speck, Frank e Fidelia Fielding. "A Pequot Mohegan Witchcraft Tale." Journal of American Folklore 16 (1903): 104-6. Speck, Frank. "Native Tribes and Dialects of Connecticut: A Mohegan-Pequot Diary." Smithsonian Institution Bureau of American Ethnology Annual Report 43 (1903): 199-287. Speck, Frank. Speck Papers and Photograph Collection. (17 microfilm reels) Speck, Frank. "Text of the Pequot Sermon." American Anthropologist 5 (1903): 199-212.
Ligazóns externas Mashantucket Pequot Research Library, Pequot and Related Languages, A Bibliography
Categoría:Linguas algonquinas Categoría:Linguas mortas de América do Norte Categoría:Linguas dos Estados Unidos de América Categoría:Revitalización de linguas nativas americanas Categoría:Pobo mohegan