Manuel Orantes Corral, nado en Granada o 6 de febreiro de 1949, é un extenista español de éxito nos anos 1970 e 80.

En total, gañou 33 títulos individuais, incluíndo Roma (1972), Hamburgo (1972 e 1975), Estados Unidos (1975), Canadá (1975) e o Masters de 1976. Tamén alcanzou 35 finais, sendo as máis importantes Roland Garros (1974), Cincinnati (1973), Montecarlo (1970), Canadá (1973 e 1974), Roma (1973 e 1975), e Hamburgo (1976 e 1977).Entre os seus grandes logros está ser o segundo xogador de toda a historia do ATP con máis partidos gañados sobre terra batida despois de Guillermo Vilas e ser o español con máis partidos gañados en terra batida por diante do Rafa Nadal, con 569 partidos gañados.

Traxectoria

Orantes viviu a súa infancia no seo dunha familia humilde xunto aos seus avós no Barrio do Carmelo de Barcelona onde comezou como recolle pelotas no club de Tenis da Salut, onde foi adestrado polo descubridor de talentos Pedro Mora, que para Orantes foi o seu mellor adestrador e a persoa que máis influíu na súa carreira tenística.

En 1966, levou os seus primeiros éxitos deportivos cando gañou os títulos Xuñor en Wimbledon e o Orange Bowl. En 1968 venceu na final do torneo madrileño ao gran tenista español da época Manuel Santana.

Participou nos Xogos Olímpicos de México 1968 gañando a medalla de prata, perdendo ante o seu compatriota Santana. Con todo, o tenis estivo presente na cita olímpica como deporte de exhibición e, por tanto, non contou para o computo final. Gañaría a medalla de ouro nos Xogos Mediterráneos de 1971 celebrados na cidade turca de Esmirna, vencendo na final ao seu tamén compatriota Juan Gisbert.

En 1969, conseguiu o seu primeiro título oficial, recoñecido polo ATP no torneo de Barcelona onde derrotou novamente a Santana na final. Orantes conseguiu o prestixioso torneo catalán noutras 2 oportunidades e foi campión español nos anos en 1967, 1970, 1971, 1974, 1975 e 1979. Conseguiu moitos dos torneos máis importantes sobre terra batida incluíndo Roma, Hamburgo, Montecarlo, Madrid e Barcelona e mantense como o segundo tenista español con máis títulos na Era Aberta, por detrás de Rafael Nadal e empatado con Conchita Martínez.

En 1974, alcanzou a final de Roland Garros, o máis importante torneo sobre canchas de terra batida e un dos 4 Grand Slam. Alí, foi derrotado pola nova promesa sueca, o lendario Björn Borg en 5 sets, logo de gañar os dous primeiros. Un ano antes alcanzara a ser o nº 2 do mundo.

En 1975, conseguiu o título máis importante da súa carreira. O 7 de setembro, derrotou ao favorito Jimmy Connors na final do US Open en Forest Hills, Nova York, gañando así o seu único torneo do Grand Slam. Gañou a final en sets corridos cando o torneo se xogaba sobre arxila verde (cancha lenta).

En 1976, conquistou o seu segundo gran título ao derrotar ao polaco Wojciech Fibak na final do Masters de Houston sobre moqueta sintética.

O seu último título logrouno no ano 1982 ao gañar o torneo de Bournemouth.

Ademais, ao longo da súa carreira gañou 22 títulos na categoría de dobres, entre os cales destacan o Masters, Hamburgo en 1975 e o Canadá en 1974. Alcanzou 20 finais de dobres, incluíndo Roland Garros en 1978, o Canadá en 1976 e Hamburgo en 1973, a súa mellor clasificación de dobres foi o número 2 do mundo en 1976.

Na actualidade, rexenta a escola de tenis que leva o seu nome, en Barcelona.

O 15 de abril de 2012 ingresou no Salón da Fama do Tenis como recoñecemento á súa gran carreira deportiva.Kuerten y Capriati entran al Salón de la Fama del Tenis

Copa Davis Foi o estandarte do equipo español de Copa Davis entre 1967 e 1980, conseguindo unha marca de 60 vitorias e 27 derrotas en partidos da Copa Davis.

En 1967, colaborou co arribo até a final para o seu país aínda que perdeu 5 dos 6 partidos que xogou, tres deles na final ante Australia en Brisbane.

Foi tamén membro do equipo español gañador da primeira edición da Copa do Mundo por Equipos en 1978 na que derrotaron a Australia na final.

Logo do seu retiro do tenis, Orantes foi capitán de Copa Davis para España até o ano 1992 cando se retirou tras algúns conflitos cos xogadores Emilio Sánchez Vicario e Sergio Casal.

Torneos de Grand Slam

Campión individuais (1) AnoTorneoOpoñente na finalResultado1975US Openligazón=Archivo:Flag_of_the_United_States.svg|20x20px Jimmy Connors6-4 6-3 6-3

Finalista indivIdais (1) AnoTorneoOpoñente na finalResultado1974Roland Garrosligazón=Archivo:Flag_of_Sweden.svg|20x20px|Bandeira de Suecia Björn Borg6-2 7-6 0-6 1-6 1-6

Finalista en dobres (1) AnoTorneoParellaOpoñentes na finalResultado1978Roland Garrosligazón=Archivo:Flag_of_Spain.svg|20x20px|Bandeira de España José Higuerasligazón=Archivo:Flag_of_the_United_States.svg|20x20px Gene Mayer / Hank Pfister3-6 2-6 2-6

Títulos na Era Aberta (55)

Individuais (33) NºDataTorneoSuperficieOpoñente na finalResultado1.4 de outubro de 1969Barcelona, EspañaTerra batidaManolo Santana6-4 7-5 6-42.18 de outubro de 1971Barcelona WCT, EspañaTerra batidaRobert Lutz6-4 6-3 6-43.20 de marzo de 1972Caracas, VenezuelaDuraHaroon Rahim6-4 7-5 6-44.24 de abril de 1972Roma, ItaliaTerra batidaJan Kodeš4-6 6-1 7-5 6-25.15 de maio de 1972Bruselas, BélgicaTerra batidaAndrés Gimeno6-4 6-1 2-6 7-56.5 de xuño de 1972Hamburgo, AlemañaTerra batidaAdriano Panatta6-3 9-8 6-07.10 de xullo de 1972Bastad, SueciaTerra batidaIlie Năstase6-4 6-3 6-18.2 de abril de 1973Valencia, EspañaTerra batidaAdriano Panatta6-4 6-4 6-39.22 de abril de 1973Niza, FranciaTerra batidaAdriano Panatta7-6 5-7 4-6 7-6 12-1010.5 de agosto de 1973Louisville, Estados UnidosTerra batidaJohn Newcombe3-6 6-3 6-411.13 de agosto de 1973Indianápolis, Estados UnidosTerra batidaGeorges Goven6-4 6-1 6-412.3 de marzo de 1975O Cairo, ExiptoTerra batidaFrancois Jauffret13.23 de marzo de 1975Montecarlo WCT, MónacoTerra batidaBob Hewitt6-2 6-414.12 de maio de 1975Bournemouth, Gran BretañaTerra batidaOnny Parun6-3 4-6 6-2 7-515.19 de maio de 1975Hamburgo, AlemañaTerra batidaJan Kodeš3-6 6-2 6-2 4-6 6-116.7 de xullo de 1975Bastad, SueciaTerra batidaJosé Higueras6-0 6-317.4 de agosto de 1975Indianápolis, Estados UnidosTerra batidaArthur Ashe6-2 6-218.11 de agosto de 1975Toronto, CanadáTerra batidaIlie Năstase7-5 6-0 6-119.27 de agosto de 1975US Open, Nova York, Estados UnidosTerra batidaJimmy Connors6-4 6-3 6-320.28 de marzo de 1976Valencia, EspañaTerra batidaKjell Johansson6-2 6-2 6-221.4 de maio de 1976Múnic, AlemañaTerra batidaKarl Meiler22.18 de xullo de 1976Kitzbühel, AustriaTerra batidaJan Kodeš7-6 6-2 7-623.4 de outubro de 1976Teherán, IránTerra batidaRaúl Ramírez7-6 6-0 2-6 6-424.11 de outubro de 1976Madrid, EspañaTerra batidaEddie Dibbs7-6 6-2 6-125.18 de outubro de 1976Barcelona, EspañaTerra batidaEddie Dibbs6-1 2-6 2-6 7-5 6-426.5 de decembro de 1976Tennis Masters Cup, Houston, Estados UnidosMoquetaWojciech Fibak5-7 6-2 0-6 7-6 6-127.8 de agosto de 1977Indianápolis, Estados UnidosTerra batidaJimmy Connors6-1 6-328.23 de agosto de 1977Boston, Estados UnidosTerra batidaEddie Dibbs7-6 7-5 6-429.31 de outubro de 1977Tokio Outdoor, JapónTerra batidaKim Warwick6-2 6-130.21 de agosto de 1978Boston, Estados UnidosTerra batidaHarold Solomon6-4 6-331.22 de maio de 1979Múnic, AlemañaTerra batidaWojciech Fibak6-3 6-2 6-432.14 de setembro de 1981Palermo, ItaliaTerra batidaPedro Rebolledo6-4 6-0 6-033.19 de abril de 1982Bournemouth, Gran BretañaTerra batidaÁngel Giménez6-2 6-0

Finalista en individuais (35)

1968: Xogos Olímpicos de México 1968 (perde ante Manuel Santana) 1970: Montecarlo (perde ante Željko Franulović) 1970: Buenos Aires (perde ante Željko Franulović) 1971: Caracas (perde ante Thomaz Koch) 1972: Johannesburgo-1 (perde ante Cliff Richey) 1972: South Orange (perde ante Ilie Năstase) 1972: Barcelona (perde ante Jan Kodeš) 1973: Roma (perde ante Ilie Năstase) 1973: Bastad (perde ante Stan Smith) 1973: Kitzbuhel (perde ante Raúl Ramírez) 1973: Cincinnati (perde ante Ilie Năstase) 1973: Montreal (perde ante Tom Okker) 1973: Barcelona (perde ante Ilie Năstase) 1974: Roland Garros (perde ante Björn Borg) 1974: Gstaad (perde ante Guillermo Vilas) 1974: Montreal (perde ante Guillermo Vilas) 1974: Barcelona (perde ante Ilie Năstase) 1974: Buenos Aires (perde ante Guillermo Vilas) 1975: Valencia (perde ante Ilie Năstase) 1975: Madrid (perde ante Ilie Năstase) 1975: Roma (perde ante Raúl Ramírez) 1975: Tokio (perde ante Raúl Ramírez) 1975: Calcuta (perde ante Vijay Amritraj) 1976: Bournemouth (perde ante Wojciech Fibak) 1976: Hamburgo (perde ante Eddie Dibbs) 1976: Dusseldorf (perde ante Björn Borg) 1976: Pepsi Grand Slam (perde ante Ilie Năstase) 1976: Londres (perde ante Raúl Ramírez) 1976: Estocolmo (perde ante Mark Cox) 1977: Hamburgo (perde ante Paolo Bertolucci) 1977: North Conway (perde ante John Alexander) 1977: Barcelona (perde ante Björn Borg) 1977: Manila (perde ante Karl Meiler) 1979: Madrid (perde ante Yannick Noah) 1980: Niza (perde ante Björn Borg) 1983: Niza (perde ante Henrik Sundström)

Títulos na ATP

Gañados (1) N.ºAnoTorneoOpoñente na finalResultado1.1971Xogos Mediterráneos de EsmirnaJuan Gisbert6-3, 6-1, 6-3

Estilo No seu xogo, moi completo, preciosista e con moito toque, destacaba especialmente o seu magnífico revés cortado. Xogador enormemente talentoso.

Aínda que obtivo importantes triunfos en todas as superficies foi sobre terra batida onde mellor se desenvolveu en torneos de Grand Slam (en terra batida gañou o US Open de 1975 contra Jimmy Connors na final e perdeu contra Björn Borg a final de Roland Garros de 1974). Xunto con Manuel Santana e José Higueras liderou o tenis español entre finais dos 60 até principios dos 80, sendo un referente até hoxe en día polo seu carisma e talento, pioneiro xunto a Santana do tenis español en canto a triunfos importantes antes das exitosas xeracións que empezaron a chegar nos anos 1990 até a actualidade.

Tivo unha importante lesión no cóbado tras a que cambiou de raqueta. Abandonou a Slazenger de madeira cambiando a unha do mesmo fabricante en aluminio, o que favoreceu a súa potencia.

Notas

Categoría:Nados en Granada Categoría:Campións do US Open Categoría:Tenistas nos Xogos Olímpicos de 1968 Categoría:Tenistas de España Categoría:Nados en 1949