Fermín López Varela, nado en Forcarei o 30 de marzo de 1911, foi un mestre e político galego.
Traxectoria
Fillo de Indalecio López Balseiros, industrial do Cachafeiro. Estudou Maxisterio na Escola Normal de Pontevedra, rematando en 1929.El Pueblo Gallego, 5-6-1929, p. 8. Protagonizou protestas nos cursos de selección profesional do maxisterio de 1931 e foi detido e multado xunto con Felipe Paz Adrio,El Progreso, 17-11-1931, p. 2. aínda que foron liberados dous días despois.El Progreso, 19-11-1931, p. 3. Foi nomeado mestre interino de Valeixe (A Caniza) en novembro de 1931.El Pueblo Gallego, 7-11-1932, p. 9. Fixo o servizo militar, aprobou o curso de ingreso ao maxisterio en abril de 1932 e fixo as prácticas na escola da Consolación;El Pueblo Gallego, 20-4-1932, p. 3. despois foi nomeado mestre de Cernadelo (San Miguel de Presqueiras, Forcarei) en maio de 1933.El País, 15-5-1933, p. 2. En novembro de 1934 foi destinado á escola de Pardesoa.El Noticiero Gallego, 11-11-1934, p. 2. Pertenceu á Asociación de Trabajadores de la Enseñanza de Vigo da UGT,El Pueblo Gallego, 10-3-1934, p. 2. e militou no PSOE. Colaborou en Escuela Vivida, onde apareceron os artigos "Himno republicano para los niños"Escuela Vivida, 23-6-1936, p. . e "El laicismo y su poder renovador".Escuela Vivida, 16-7-1936, p. . Presentou o relatorio "La comunidad infantil en la escuela" ao Congreso regional de trabajadores de la enseñanza de Galicia de maio de 1936.El Pueblo Gallego, 5-5-1936, p. 2.
Logo do golpe de Estado do 18 de xullo de 1936 foi detido e estivo preso nove ou dez meses primeiro no depósito de Cerdedo e despois na Escola Normal de Pontevedra. Foi destituído a finais de agosto.El Diario de Pontevedra, 31-8-1936, p. 2. Aos seus pais confiscáronlles un ómnibus sen indemnización, e á súa irmá Edelmira López Varela (militante do PCE) os falanxistas quixeron cortarlle o pelo ao rape en Forcarei. Incautáronse da súa biblioteca e no proceso de depuración foi sancionado con separación do servizo e baixa na escala en 1940. Revisado o seu expediente, a sanción foi confirmada ao ano seguinte.BOP Pontevedra, 31-12-1941, p. Tivo problemas para dar clases particulares en Soutelo de Montes debido ás continuas denuncias de mestres falanxistas. Viuse implicado na caída do PCE en setembro de 1948, sendo detido e trasladado ao cuartel da Garda Civil de Lalín xunto cos seus irmáns Jesús e Josefina López Varela. Vida persoal
Casou en 1933 con Irene Blanco Adán,El Pueblo Gallego, 22-3-1933, p. 7. que finou en Soutelo de Montes o 1 de xaneiro de 2001,Diario de Pontevedra, 2-1-2001, p. 34. e foi pai de María del Carmen López Blanco.El Pueblo Gallego, 20-5-1959, p. 10. Notas
Véxase tamén Bibliografía
Ligazóns externas Forcarei (1936-1977) Ficha no Censo de represaliados de la UGT
Categoría:Profesores de Galicia Categoría:Represaliados polo franquismo
Categoría:Nados en Forcarei
Categoría:Nados en 1911 Categoría:Finados en ano descoñecido