Aitor Romero Ortega, nado en Barcelona en 1985 é un escritor e creador dixital español. miniatura|Cynthia Menéndez, Aitor Romero e Silvia Penas en Afinidades Electivas, Libraría Paz, Pontevedra, 26/10/2024 En 2024 participou en Pontevedra no proxecto Afinidades Electivas con Silvia Penas.

Seu pai é galego e el pasou moitas vacacións na Galiza, ademais de ser parente afastado de Roberto Vidal Bolaño.Información achegada polo autor nun acto en Pontevedra o 26/10/2024

Traxectoria Estudou enxeñaría industrial en Barcelona e Lión. Reside en Madrid desde 2012.

Ten colaborado con crónicas e ensaio en revistas de cultura e viaxes: Altaïr Magazine, Negratinta ou Culturamas

Obras

Deflagración (2015). Amor de Madre Editoras. 177 páxs. ISBN 978-8494113956. Seleccionada como finalista do Festival de Novela na cidade francesa de Champery. Fantasmas de la ciudad (2018). Candaya. 240 páxs. ISBN 978-84-15934-51-6. Relatos sobre a viaxe e sobre Barcelona. El arte de escribir de pie (2023). Candaya. 160 páxs. ISBN 978-84-18504-59-4. Oito crónicas sobre a idea da gran viaxe vital e as diferentes tipoloxías do viaxeiro posmoderno.

Libros colectivos

Hablan los indignados. Propuestas y materiales de trabajo (2011). Editorial Popular. ISBN 978-8478844982.

Premios

Mención especial na categoría de poesía experimental no I Premio de Literatura Joan Brossa da Universidade da Habana

Notas

Véxase tamén

Ligazóns externas

Entrevista en elDiario.es, 2018 Entrevista en Traveler, 2023

Categoría:Nados en Barcelona Categoría:Nados en 1985 Categoría:Escritores en lingua catalá Categoría:Libros de viaxes