Samu Borovszky de Adamóc e Vittenc, nado en Bácsordas o 25 de outubro de 1860 e finado en Budapest o 24 de abril de 1912, foi un arquiveiro e historiador húngaro, membro correspondente da Academia de Ciencias de Hungría desde 1899.

Traxectoria Naceu nunha vila de maioría alemá do concello de Odžaci na actual Voivodina (Serbia) entón parte do Reino de Hungría no Imperio Austríaco. A súa era unha antiga familia nobre evanxélica, o seu pai, Pál Borovszky de Adamóc e Vittenc(1826–1891), era enxeñeiro das obras de regulación do Danubio. A familia trasladouse a Nagyszalonta en 1870, alí comezou os seus estudos de bacharelato, que continuou en Békés a partir de 1873. Dende 1876 estudou no instituto reformado de Budapest. Entre 1879 e 1883 foi estudante na Universidade de Budapest e recibiu unha bolsa.

En 1880 pasou a ser secretario de Móric Lukács, e a partir de 1882 de Menyhért Lónyay, entón presidente da Academia de Ciencias Húngara . En 1884 foi ascendido a arquiveiro académico. En 1889 pasou a ser membro da Xunta Directiva da Sociedade Histórica e foi dende 1899 membro correspondente da Academia.

Xunto con János Sziklay, editou os volumes I–IV da serie titulada Magyarország vármegyéi és városai (1896–1914).Tamén foi editor de varios volumes de A Nagy Francia Forradalom és Napoleon.A mű szerzőinek és szerkesztőjének adatai a WorldCat oldalán. Entre 1909 e 1912, foi secretario da Sociedade Histórica Húngara e editor de Századok. Tratou da era da migración e da prehistoria húngara, e investigou o parentesco das linguas ugrofinesas.

Obra 1883 A dákok. Ethnographiai tanulmány, Budapest REAL-EOD 1884 A longobardok vándorlása, Századok 1885 Martyrologium, Egyet. Phil. Közlöny 1889 Vita Scti Severini, Egyet. Phil. Közlöny 1894 A honfoglalás története, Budapest 1896–1897 Csanád vármegye története 1715. Budapest, I-II. 1899 A Szirmay család czímeres levele. Turul, 17. 1900 A nagylaki uradalom története, Budapest 1901 Egy alajbég telepítései: adatok az Alföld XVII. századi történetéhez, Budapest 1900/1931 A népvándorlás kora. Nagy Képes Világtörténet 1903 Az időrendbe szedett váradi tüzesvaspróba-lajstrom 1908 Szendrő vára 1909 Borsod vármegye története, 1911 A Nagy Francia Forradalom és Napoleon. I–V. szerk.

Serie Condados e cidades de Hungría dereita|miniatura|286x286px| Cuberta do volume Hont vármegye és Selmeczbánya de 1906 Coa súa participación, completáronse 25 dos 26 volumes da serie de monografías dedicadas os condados e cidades do Reino de Hungría, Magyarország vármegyéi és városai. Debido á súa morte, non participou na edición do volume dedicado a Somogy. A serie recibiu críticas, principalmente pola súa natureza comercial, producida en masa, Mályusz Elemér 1929: Falutörténet. Magyar Szemle VI/I/22, 174-179. (In: 2003 Klió szolgálatában - Válogatott történelmi tanulmányok. Budapest, 518), pero co paso do tempo converteuse nunha obra básica ineludible, xa que poucas veces se fixeron obras monográficas similares na época.

Os volumes da serie en orde cronolóxica: 1896 Condado de Abaúj-Torna e Kassa: Abaúj-Torna vármegye és Kassa 1897 Fiume e a costa húngaro-croata: Fiume és a magyar-horvát tengerpart 1898 Condado de Vas: Vas vármegye 1899 Condado de Nyitra: Nyitra vármegye 1900 Condado de Szabolcs: Szabolcs vármegye 1901 Condado de Bihar e Nagyvárad: Bihar vármegye és Nagyvárad 1903 Condado de Bars, condados de Gömör e Kishont: Bars vármegye, Gömör-Kishont vármegye 1904 Condado de Bratislava e Bratislava: Pozsony vármegye, Pozsony sz. kir. város, Nagyszombat, Bazin, Modor és Szentgyörgy r. t. városok" 1905 Condado de Zemplén e Sátoraljaújhely: Zemplén vármegye és Sátoraljaújhely r. t. város 1906 Condado de Hont e Selmeczbánya: Hont vármegye és Selmeczbánya 1907 Condado de Komárom e Komárom: Komárom vármegye és Komárom 1908 Condado de Esztergom, Condado de Győr, Condado de Szatmár, Szatmárnémeti: Esztergom vármegye, Győr vármegye,Szatmár vármegye, Szatmár-Németi sz. kir. város 1909 Condado de Bács-Bodrog, 2 vol: Bács-Bodrog vármegye I, Bács-Bodrog vármegye II. 1910 Condado de Pest-Pilis-Solt-Kiskun, Volume I 1911 Condado de Nógrád, Condado de Pest-Pilis-Solt-Kiskun, 2 vol: Pest-Pilis-Solt-Kiskún vármegye I, Pest-Pilis-Solt-Kiskún vármegye II 1912 Condado de Torontál: Torontál vármegye'' 1914 Condado de Somogy, Condado de Temes, Timisoara

Notas

Categoría:Finados en 1912 Categoría:Nados en 1860 Categoría:Historiadores de Hungría Categoría:Nados no distrito de Bačka Occidental Categoría:Alumnos da Universidade de Budapest