miniatura|250x250px|Dorothy Parker con parte da plana maior da Mesa redonda do Algonquín e outros: Art Samuels (editor de Harper's e, brevemente, do The New Yorker), Charles MacArthur, Harpo Marx e Alexander WoollcottA Mesa redonda de Algonquín, tamén denominada con ironía o Círculo vicioso de Algonquín, foi un grupo de xornalistas, críticos, escritores, actores e actrices relacionados co mundo do espectáculo e a farándula de Broadway (Nova York) que xantaba e reuníase no hotel Algonquín de Manhattan ao redor de mesas de cribbage, bridge e póker, formando un acedo faladoiro crítico entre 1919 e 1929.

Integrantes A principal animadora do grupo foi a escritora e crítica teatral Dorothy Parker. Un elemento de unión do grupo era a súa lingua cáustica e velenosa, de forma tal que constituían unha especie de faladoiro Bilis club madrileño consagrado a acuñar maldades, chistes e epigramas ácidos sobre estreas e temas de actualidade nese tempo, durante as súas comidas e partidas de bridge e póker. Tamén xogaban as charadas e a o xogo chamado "podo darte unha frase", que deu lugar á memorable frase de Dorthy Parker usando a palabra horticultura: Podes dirixir unha horticultura, non a podes facer pensar".

Foron integrantes permanentes do faladoiro do Algonquín, á parte de Dorothy Parker, o columnista, poeta e humorista Franklin Pierce Adams, o humorista e actor Robert Benchley, o columnista deportivo Heywood Broun, o dramaturgo Marc Connelly, a feminista Ruth Hale, o dramaturgo e director George S. Kaufman, o produtor de Broadway Brock Pemberton, o editor do The New Yorker Harold Ross, o escritor e dramaturgo Robert E. Sherwood, o publicista John Peter Toohey e o crítico e xornalista Alexander Woollcott.

Outras compoñentes movíanse máis libremente e participaban dun modo máis eventual: as actrices Tallulah Bankhead, Blyth Daly, Eva Le Gallienne, Margalo Gillmore, Estelle Winwood e Peggy Wood, os dramaturgos Noël Coward, Edna Ferber, Donald Ogden Stewart, Beatrice Kaufman; as escritoras Jane de Grant, Margaret Leech e Alice Duer Miller, a ilustradora de revistas Neysa McMein, os humoristas Groucho e Harpo Marx e Frank Sullivan, e o compositor Deems Taylor.

No grupo do Algonquín fraguáronse moitas colaboracións literarias e artísticas e foi un venero de creatividade polo menos no terreo da arte dramática.

Nómina

Partícipes regulares Franklin Pierce Adams, columnista Robert Benchley, humorista e actor Heywood Broun, columnista e xornalista deportivo Marc Connelly, dramaturgo George S. Kaufman, dramaturgo e director de escena Dorothy Parker, crítica teatral, escritora, guionista e poetisa Harold Ross, xornalista e editor do The New Yorker Robert E. Sherwood, autor e dramaturgo John Peter Toohey, publicista Alexander Woollcott, crítico e xornalista

Partícipes irregulares Tallulah Bankhead, actriz Jane Grant, xornalista e feminista Ruth Hale, xornalista e feminista Beatrice Kaufman, editora e dramaturga Harpo Marx, comediante e actor Neysa McMein, ilustradora Donald Ogden Stewart, dramaturgo e guionista Deems Taylor, compositor Edna Ferber, escritora Ina Claire, actriz Douglas Fairbanks senior, actor e produtor

No cine O documental premiado cun Óscar en 1987 The Ten-Year Lunch trata sobre este grupo e La señora Parker y el círculo vicioso (1994) é unha película estadounidense escrita e dirixida por Alan Rudolph que tenta reproducir a época e grupo do Algonquín.

Bibliografía

James R. Gaines; Wit's End: Days and Nights of the Algonquin Round Table, New York: Harcourt, 1977. Nat Benchley e Kevin C. Fitzpatrick; The Lost Algonquin Round Table: Humor, Fiction, Journalism, Criticism and Poetry from America's Most Famous Literary Circle, 2009. Harpo Marx "Harpo fala!"; Seix Barral , 2010

Notas

Categoría:Movementos artísticos