Harvey Leo Sharrer, nado nos Estados Unidos de América no século XX e finado no mesmo país o 11 de setembro de 2024, foi un escritor, profesor e investigador medievalista.
Traxectoria
Foi un dos grandes estudosos da literatura galega medieval, que participou no congreso celebrado na illa de San Simón en 1998.
Autor de volumes e de multitude de colaboracións recollidas en actas de congresos e revistas (Journal of Hispanic Philology, Olifant, Papers of the Medieval Hispanic Research Seminar, Romance Philology, Filologia e Língua Portuguesa, he Galician Review, Cadernos do CEIL. Revista multidisciplinar de estudos sobre o Imaginário, Medievalia. Revista d’Estudis Medievals...), foi especialista na literatura artúrica ou Materia de Bretaña O seu nome quedou unido á descuberta, efectuada por el mesmo no ano 1990 en Lisboa, do pergamiño que leva o seu nome, o Pergamiño Sharrer, de fins do século XIII ou comezos do XIV, contén sete cantigas de amor compostas polo rei D. Dinís de Portugal. Conxuntamente co Pergamiño Vindel –as sete cantigas de amigo de Martín Codax– son os dous únicos documentos atopados ata hoxe que presentan a notación musical dos ditos textos. O Pergamiño Sharrer é a fonte manuscrita máis antiga de música profana, composta en lingua romance, que se conserva.
Foi profesor e profesor emérito da University of California (Santa Bárbara) no departamento Latin American & Iberian Studies. Pertenceu á Asociación Internacional de Hispanistas (Asoc). As materias da súa especialidade foron o Galego, a Lingüística, a Literatura Peninsular e a Lingüística románica e a cultura e lingua catalá.
É o autor do prólogo a Pergamino vindel: Estudio monográfico (2016, M. Moleiro Editor).
Obras
Critical Bibliography of Hispanic Arthurian Material, I: Texts: The Prose Romance Cycles (1977). London: Grant & Cutler TheLegendary History of Britain in Lope García de Salazar's Libro de las bienandanzas e fortunas (1979). University of Pennsylvania Press. "La materia de Bretaña en la poesía gallego-portuguesa", Actas del I Congreso de la Asociación Hispánica de Literatura Medieval: Santiago de Compostela 2 al 6 de diciembre de 1985 / Vicenç Beltran Pepió (ed. lit.) (1988). "La fusión de la novela artúrica y la novela sentimental", Historia y crítica de la literatura española / coord. por Francisco Rico Manrique, Vol. 1, Tomo 2, (1991).
Libros colectivos
Studies on Jorge de Sena by His Colleagues and Friends, Editor con Frederick G. Williams (1981). Santa Barbara: Jorge de SenaCenter for Portuguese Studies. Hispanic Medieval Studies in Honor of Samuel G. Armistead, Editor con E. Michael Gerli (1992). Madison: Hispanic Seminary of Medieval Studies BITAGAP (Bibliografia de Textos Antigos Galegos e Portugueses, part of CD-ROM. PhiloBiblon: Electronic Bibliographies of Medieval Catalan, Galician, Portuguese, and Spanish Texts, general editors Arthur L-F. Askins, Harvey L. Sharrer, and CharlesB. Faulhaber (1999). Berkeley: The Bancroft Library. Lanzarote del Lago. Ed. Antonio Contreras Martín and Harvey L. Sharrer (2006). Alcalá de Henares: Centro de Estudios Cervantinos (Los Libros de Rocinante, 22).
Premios e honores
1958: Countess of Kinnoull Scholarship, Monterey Institute of Foreign Studies 1967-8: Fulbright-Hays Fellowship, España 1967-68: Del Amo Foundation Fellowship, España 1972: American Philosophical Society grant 1992: National Endowment for the Humanites travel to libraries grant 1993-4: National Endowment for the Humanities research tools grant (co-investigaor) 2000-2001: National Endowment for the Humanities research tools grant (co-investigaor) 2002: CNRS – UCSB faculty research exchange program, París, Spring 2003: Doutor honoris causa, Universidade Nova de Lisboa 2003: Distinguished Alumnus, Department of Spanish and Portuguese, University of California, Los Angeles 2005: University of California Education Abroad Program – Faculty Exchange with the Universidade de Granada 2007-10: National Endowment for the Humanities research tools grant (co-investigator) 2014-2015: National Endowment for the Humanities research tools grant, (co-investigator) 2015: Reescribir la materia artúrica: Homenaje a Harvey L. Sharrer. Primer coloquio internacional organizado por la rama hispánica de la Sociedad Internacional Artúrica
Notas
Categoría:Nados no século XX Categoría:Finados en 2024 Categoría:Nados nos Estados Unidos de América Categoría:Medievalistas