Juan Rodríguez Bóveda, nado en Ventosela (Ribadavia) cara a 1880 e finado na mesma parroquia en maio de 1956, foi un empresario e político galego.
Traxectoria Provedor de viños do Ribeiro.El Pueblo Gallego, 19-3-1932, p. 8. Na República, coa vitoria da Fronte Popular nas eleccións de febreiro de 1936, foi nomeado concelleiro de Ribadavia na xestora presidida por Benito Gallego Montero a principios de marzo.El Pueblo Gallego, 4-3-1936, p. 11. Logo do golpe de Estado do 18 de xullo de 1936 fuxiu e estivo agochado. Capturado pola Garda Civil, foi xulgado en Ourense o 16 de xuño de 1939 con Benigno Gómez Gómez acusados de rebelión militar na causa 933/36.La Región, 16-6-1939, p. 3. Foi condenado a 30 anos de reclusión perpetua. Preso en Las Palmas de Gran Canaria. Abríronlle expediente de responsabilidades políticas en 1939 que foi anulado, e volvéronllo abrir en 1943.BOE, 11-2-1943, p. 548. Finou en Ventosela en maio de 1956 con 75 anos.El Pueblo Gallego, 31-5-1956, p. 10.
Vida persoal Casou con Lidia Fernández González.
Notas
Véxase tamén Ligazóns externas Expediente de responsabilidades políticas de Juan Rodríguez Bóveda e outros.
Categoría:Concelleiros de Ribadavia Categoría:Concelleiros de Galicia durante a II República Categoría:Represaliados polo franquismo Categoría:Nados en Ribadavia Categoría:Nados en 1880 Categoría:Finados en 1956