Transit Improvement Program ou TIP, previamente coñecido como Triad, foi un programa para mellorar a precisión dos satélites Transit.
Características Os tres satélites TIP foron usados para probar novos conceptos a usar nos satélites Transit e mellorar a súa precisión.
TIP 1, lanzado por un Scout B1 o 2 de setembro de 1972, era un satélite formado por tres corpos en liña unidos por mastros que servían como estabilizadores por gradente gravitatorio na dirección radial. Un volante de inercia estabilizaba o satélite en cabeceo e guiñada. A principal mellora proporcionada por este satélite era que seguía unha traxectoria sen rozamento grazas a unha esfera en caída libre no corpo central do satélite que servía para medir calquera deceleración causada pola atmosfera residual á altura da órbita do satélite e ser correxida mediante os micropropulsores do mesmo. A enerxía de TIP 1 era proporcionada por un xerador termoeléctrico de radioisótopos.
TIP 2 e 3, lanzados por foguetes Scout D1 o 12 de outubro de 1975 e o 1 de setembro de 1976, usaban unha forma simplificada do sistema de corrección de rozamento de TIP 1, usando propulsores de plasma pulsado. Os satélites integráronse no sistema de navegación Transit e unhas versións lixeiramente melloradas foron lanzados mediante a denominación de Nova.
Historial de lanzamentos
MisiónData de lanzamentoFoguete lanzadorNotasTIP 12 de setembro de 1972Scout B1ÉxitoTIP 212 de outubro de 1975Scout D1ÉxitoTIP 31 de setembro de 1976Scout D1Éxito
Notas
Véxase tamén Outros artigos Scout B1 Scout D1
Categoría:Satélites artificiais