Alejandro Mareque García, nado en Caldas de Reis o 1 de xullo de 1890, foi un xornalista e político galego.

Traxectoria

Traballou na Electra Popular.La Democracia, 15-10-1911, p. 3. Foi nomeado secretario interino do concello de Portas en agosto de 1918.El Diario de Pontevedra, 28-8-1918, p. 2. Dirixiu o periódico La Justicia de Caldas de Reis en 1919. Aprobou os exames para secretarios de xulgados municipais en 1920.El Ideal Gallego, 8-5-1920, p. 3. Foi secretario do xulgado municipal de Portas, e a partir de xuño de 1934 do de Covelo.Raza Celta, agosto 1934, p. 14. Foi correspondente de Galicia,Galicia, 7-2-1923, p. 2. e El Pueblo Gallego en Caldas de Reis.El Pueblo Gallego, 22-7-1934, p. 13. Presidente da Sociedad Liceo de Artesanos de Caldas de Reis ata decembro de 1930, nesa data foi elixido secretario.El Pueblo Gallego, 24-12-1930, p. 8. Foi secretario particular do gobernador civil de Lugo César Torres Martínez (1932-1933).La Voz de la Verdad, 24-12-1932, p. 1. Foi secretario do xulgado municipal de Covelo en 1936. En marzo de 1936 foi o delegado gobernativo que presidiu reposición da corporación de elección popular de Covelo.El Pueblo Gallego, 1-4-1936, p. 13.

Logo do golpe de Estado do 18 de xullo de 1936 marchou á Arxentina coa familia desde Lisboa, arribando a Buenos Aires o 27 de setembro de 1938. Instalouse na localidade Máximo Paz (Provincia de Buenos Aires). Vida persoal

Casou con Dolores Fariña Conde, e foi pai de Manuel Francisco, Alejandro, Narciso, María del Carmen e Joaquín Mareque Fariña.

Notas

Véxase tamén Ligazóns externas Don Alejandro Mareque García

Categoría:Xornalistas de Galicia Categoría:Exilio galego Categoría:Galegos da Arxentina Categoría:Nados en Caldas de Reis Categoría:Nados en 1890

Categoría:Finados en ano descoñecido