Public Enemy é un grupo estadounidense de hip hop formado por Chuck D e Flavor Flav en Long Island, Nova York, en 1985. O grupo destacou polas súas mensaxes políticas, incluíndo temas como o racismo e os medios estadounidenses. O seu álbum de estrea, Yo! Bum Rush the Show, foi lanzado en 1987 con aclamación da crítica, e o seu segundo traballo, It Takes a Nation of Millions to Hold Us Back (1988), foi o primeiro álbum de hip hop que encabezou a enquisa de críticos Pazz & Jop de The Village Voice. Os seus seguintes tres álbums, Fear of a Black Planet (1990), Apocalypse 91... The Enemy Strikes Black (1991) e Muse Sick-n-Hour Mess Age (1994), tamén foron ben recibidos. Desde entón, o grupo publicou doce álbums de estudo máis, incluíndo a banda sonora da película dramática deportiva de 1998 He Got Game e un álbum colaborativo con Paris, Rebirth of a Nation (2006).

Premios

Public Enemy recibiron no ano 1991 o nomeamento ao Premio Grammy á Mellor Interpretación de Rap por Duo ou Grupo por "Fear of a Black Planet".

Durante a década dos 90, o grupo sería notificado con catro nomeamentos aos American Music Awards entre 1991 e 1992. E dous nomeamentos aos MTV Video Music Awards en 1991, incluíndo a categoría de Video do Ano por "Fight the Power".

No ano 2012 serían louvados co ingreso no Rock and Roll Hall of Fame.

No ano 2020 acadarían o Premio Grammy ao Mellor Álbum de Rap ou Mellor Álbum Instrumental de Rap por "What You Gonna Do When the Grid Goes Down?".

Discografía Álbums Álbum Ano Selo Yo! Bum Rush the Show 1987 Def Jam Recordings It Takes a Nation of Millions to Hold Us Back 1988 Def Jam Recordings Fear of a Black Planet 1990 Def Jam Recordings Apocalypse 91... The Enemy Strikes Black 1991 Def Jam Recordings Muse Sick-n-Hour Mess Age 1994 Def Jam Recordings There's a Poison Goin' On 1999 Atomic Pop Revolverlution 2002 Koch New Whirl Odor 2005 Slam Jamz Rebirth of a Nation 2006 Guerrilla Funk How You Sell Soul to a Soulless People Who Sold Their Soul? 2007 Slam Jamz Most of My Heroes Still Don't Appear on No Stamp 2012 Slam Jamz The Evil Empire of Everything 2012 Enemy Man Plans God Laughs 20125 RCS Music Nothing Is Quick in the Desert 2017 916% What You Gonna Do When the Grid Goes Down? 2020 Def Jam Recordings Black Sky Over the Projects: Apartment 2025 2025 Enemy Records / Flavor Flav Records

Notas

Véxase tamén Ligazóns externas Páxina da banda

Categoría:Grupos musicais de Long Island Categoría:Grupos musicais de hip hop Categoría:Grupos musicais formados en 1985