RealpolitikOs substantivos en alemáns comezan sempre con maiúscula, pero cando se introducen na lingua galega poden ir en minúscula, tanto na normativa oficial como reintegracionista (tal como aparece realpolitik no dicionario Estraviz, ou como weltanshauung, sinónimo de cosmovisión no DRAG) é un sistema de políticas ou principios baseado en consideracións prácticas e realistas ou posibilistas, máis que morais ou ideolóxicas.

O termo provén do alemán, literalmente "política real" ou "realista". A realpolitik é coñecida por dar prioridade á eficacia e a vantaxe estratéxica sobre os principios ideolóxicos ou éticos.

Ludwig von Rochau, un escritor e político do século XIX, descríbeo do seguinte xeito:

Orixe e desenvolvemento O termo "Realpolitik" gañou prominencia no século XIX, especialmente durante o período da unificación alemá. O político alemán Otto von Bismarck é un dos principais expoñentes deste enfoque, empregando tácticas realistas para consolidar o poder alemán a través de alianzas e estratexias pragmáticas, independentes das consideracións ideolóxicas. Un exemplo dun político que exerceu a realpolitik é Henry Kissinger, que axudou aos presidentes dos Estados Unidos nos anos 60 e 70 a ampliar o poder dos Estados Unidos e os seus aliados. Características

Pragmatismo: A realpolitik enfócase na realidade e na práctica, buscando resultados concretos en lugar de seguir principios ideolóxicos. Intereses nacionais: Prioriza estratexicamente os intereses nacionais e a seguridade sobre a moralidade ou os valores universais. Flexibilidade: É un enfoque flexible que pode adaptarse tacticamente a diferentes situacións e circunstancias para maximizar os beneficios.

Críticas A realpolitik é criticada por poder levar a accións que sacrifican principios éticos e humanos en favor de vantaxes pragmáticas, fomentando a manipulación e a explotación.

Notas

Véxase tamén Outros artigos

Diplomacia Esfera de influencia Guerra fría Intervencionismo Imperialismo Otto von Bismarck Pragmatismo Relacións internacionais Xeopolítica Weltpolitik

Categoría:Ideoloxías políticas Categoría:Diplomacia