Fetch the Bolt Cutters é o quinto álbum de estudio da cantautora estadounidense Fiona Apple, publicado o 17 de abril de 2020 a través do selo Epic Records. Trátase do primeiro lanzamento de Apple dende o álbum The Idler Wheel... en 2012. O traballo gravouse entre 2015 e 2020, principalmente na casa de Apple en Venice Beach. Foi producido e interpretado por Apple xunto con Amy Aileen Wood, Sebastian Steinberg e Davíd Garza; a gravación consistía en tomas longas, moitas veces improvisadas, con sons de percusión non convencionais. Utilizouse GarageBand durante gran parte desta gravación, e Fiona Apple atribuíu a voz inédita e as longas tomas do álbum á súa falta de experiencia co programa.
Listaxe de cancións Todos os temas por Fiona Apple, agás onde se indique.
Categoría:Álbums de Fiona Apple Categoría:Álbums musicais de 2020 Categoría:Álbums de Epic Records