Marc Vicente Vidal Girona, nado en Vila-real o 14 de febreiro de 2002, máis coñecido como Marc Vidal, é un porteiro español que milita no Celta de Vigo Fortuna.
Traxectoria Marc Vidal é canteirán do Villarreal CF, club da vila onde naceu, e realizou alí toda a súa formación como xogador, pasando por todas as categorías inferiores.
O 10 de xuño de 2021 foi traspasado ao Betis Deportivo da Primeira División RFEF. Na súa única tempada no club, xogou 15 partidos e o filial bético descendeu de categoría, abandonando o club a final de tempada. Tras abandonar o Betis Deportivo, o 9 de xullo de 2022 firmou polo FC Andorra da Segunda División de España. A tempada seguinte incorporouse ao Barça Atlètic da Primeira Federación en calidade de cedido por unha tempada. Finalmente, a tempada 2024-2025 foi traspasado ao Celta Fortuna, equipo polo que firmou durante catro anos. , Adoita entrar nas convocatorias do Real Club Celta de Vigo como terceiro porteiro despois de Guaita e Iván Villar
Notas
Categoría:Nados en Vila-real Categoría:Nados en 2002 Categoría:Xogadores do Villarreal CF C Categoría:Xogadores do Villarreal CF B Categoría:Xogadores do Real Betis Balompié B Categoría:Xogadores do FC Andorra Categoría:Gardametas de fútbol Categoría:Xogadores do FC Barcelona B Categoría:Xogadores do Celta de Vigo B