Vicente Luís Sanz Muñoz, coñecido como Piti Sanz, nado en Huelva en 1966 e finado o 23 de maio de 2025, foi un músico e compositor galego con numerosos traballos dentro do audiovisual galego e español así como no mundo do teatro.

Traxectoria É o autor da banda sonora de filmes como Mataharis ou series como Terra de Miranda. Traballou con directores como Alfonso Zarauza ou Jorge Coira. Foi cofundador dos grupos Sindicato Agrario e Los Contentos e tocou en discos de Siniestro Total e Los Enemigos. No 2013 incorporouse á formación do grupo musical Os Resentidos.

En 2007 foi candidato ós premios Goya na categoría de Mellor Canción Orixinal polo tema "Esa luz". Foi composto conxuntamente con Luís Tosar, con quen mantivo o grupo musical Di Elas. A Academia retirou posteriormente este nomeamento.Luis Tosar, Piti Sanz e García de Leániz, 'desnominados' dos Goya , nova en Galiciaé o 19 de decembro de 2007. Acadou tres premio María Casares á mellor música orixinal por Finis Mundi Circus en 1999, Ñiki Ñaque en 2001 e mais Policía en 2002. Ten un cuarto por Se o vello simbad volvese as illas, aínda que o seu nome non aparece na listaxe oficial. Gañou catro Premios Mestre Mateo, polas películas Entre bateas, A noite que deixou de chover e 18 comidas e pola serie O Nordés.

Galardóns e nomeamentos Premios Mestre Mateo Ano Categoría Título Resultado2002Mellor banda sonoraEntre bateasGañadorMellor banda sonoraTerra de MirandaNomeado2008Mellor música orixinalA noite que deixou de choverGañador2009Mellor música orixinalO NordésGañador2010Mellor música orixinal18 comidasGañador2012Mellor música orixinalEra visto!Nomeado2013Mellor videoclip"Canto de Sirena"GañadorMello música orixinalEra visto!Nomeado2014Mellor música orixinalOs fenómenosNomeado

Notas

Véxase tamén Ligazóns externas Ficha en Culturagalega.org

Categoría:Nados en 1966 Categoría:Músicos de Galicia Categoría:Premios María Casares Categoría:Finados en 2025 Categoría:Nados en Huelva