Ramón Villares Paz, nado en Cazás (Xermade) o 12 de xaneiro de 1951, é doutor en Historia desde 1980 e foi presidente do Consello da Cultura Galega dende o 20 de abril de 2006 ata o ano 2018.
Traxectoria Deu clases de Historia Económica no Colexio Universitario de Vigo, e dende 1987 é catedrático de Historia Contemporánea da Universidade de Santiago de Compostela.
Decano da Facultade de Xeografía e Historia (1986 - 1990) e reitor magnífico da Universidade de Santiago (1990-1994), membro fundador e presidente (1996-2002) da Asociación Española de Historia Contemporánea. Desde 1998 é director en Galicia da UIMP.
Forma parte do Consello Editorial de Marcial Pons Ediciones de Historia e pertence ao consello asesor de revistas como Ayer (M. Pons Ediciones de Historia), Historia Social (Valencia), Hispania (Madrid), Ler Historia (Lisboa) ou Perspectivas Históricas (México) e Estudios Migratorios.
O 12 de xaneiro de 2021 retirouse da docencia na USC, o mesmo día da presentación da obra homenaxe Senderos de la historia. Miradas y actores en medio siglo de historia rural. En 2021 foi nomeado profesor emérito da USC.
Obra en galego Ensaio miniatura|175px|A Historia, BBdCG. Foros, frades e fidalgos, Estudos de historia social de Galicia, Xerais, Vigo, 1982. A Historia, Biblioteca Básica da Cultura Galega, 1984, ISBN 8471544636 (con versión en lingua española -1986, Alianza Editorial- e portuguesa). Parlamento de Galicia, Parlamento de Galicia, 1993. Desamortización e réxime de propiedade, A Nosa Terra, 1994. Idea da Universidade, Universidade de Santiago de Compostela, 1996. Figuras da nación, Xerais, Vigo, 1997. Historia de Galicia, Galaxia, 2004. Fuga e retorno de Adrián Solovio: sobre a educación sentimental dun intelectual galeguista, Real Academia Galega, 2006. Discurso de ingreso e resposta de Víctor Freixanes. Edición aumentada en Galaxia, 2007. Clío nas ondas: De libros, persoas e sazóns, 3C3, 2007. Identidade e afectos patrios, Galaxia, 2017. Cultura e política na Galicia do século XX (2021). Vigo: Galaxia. ISBN 978-84-9151-613-2. 420 páxs. Galicia e Portugal. Irmandade e fronteira (2023). Vigo: Galaxia. 142 páxs. ISBN 978-84-1176-053-9. O Consello de Galiza. Política galega no exilio (2026). Vigo: Galaxia. 666 páxs. ISBN 978-84-1176-611-1.
Obras colectivas miniatura|300px|Plenario da RAG en 2013. miniatura|300px|No Teatro Principal de Pontevedra o Día das Letras Galegas de 2018. Os escritores lucenses arredor de Ánxel Fole, Concello de Lugo, 1986. Historia do mundo contemporáneo: textos escollidos (iniciación universitaria), Galaxia, 1986. Con Xosé A. Armas Castro. Donos de seu, Sotelo Blanco, 1988. Actas do Congreso Castelao, Universidade de Santiago de Compostela, 1989. Editor, con Xusto Beramendi. Textos e materiais para a historia de Galicia, Crítica (Barcelona), 1990. Historia da emigración galega a América, Santiago de Compostela, Xunta de Galicia, 1996. Con Marcelino Fernández Santiago. Xesús Ferro Couselo. 1906-1975: unha fotobiografía, Xerais, 1996. Con Marcos Valcárcel, Xesús Alonso Montero e Henrique Monteagudo. O conflicto foral nos séculos XVII e XVIII, Xunta de Galicia, 1997. Coeditor, con X. L. Díaz-Castroverde. Galicia: unha luz no Atlántico, Xerais, 2001. Ensinar Historia de Galicia. Aspectos historiográficos e didácticos, Universidade de Santiago de Compostela, 2002. Con Luís Martínez-Risco Daviña e Jurjo Torres Santomé. Galicia, o sorriso de Daniel, Consello da Cultura Galega, 2004. Con Miguel Anxo Seixas Seoane. O corazón das cidades: cascos históricos de Galicia, Lunwerg (Barcelona), 2006. A gran historia de Galicia, La Voz de Galicia, 2007. Sigillum: memoria e identidade da Universidade de Santiago de Compostela, Universidade de Santiago de Compostela , 2007. Os símbolos de Galicia, Consello da Cultura Galega e Real Academia Galega, 2007. Edición con Xosé Luís Axeitos e Xosé Ramón Barreiro. A patria enteira: homenaxe a Xosé Ramón Barreiro Fernández, Consello da Cultura Galega, Universidade de Santiago de Compostela e Real Academia Galega, 2008. Coeditor, con Xosé Luís Axeitos e Emilio Grandío. Marcos Valcárcel. O valor da xenerosidade, Difusora, 2009. Ramón Suárez Picallo: a voz esquecida do galeguismo, Comisión Irmáns Suárez Picallo, 2009. Fermín Penzol: unha obra para un país, Galaxia, 2010. Á beira de Beiras. Homenaxe nacional, Galaxia, 2011. Emigrante dun país soñado. Luís Seoane entre Galicia e Arxentina, Fundación Luis Seoane, 2011. Promenade ... polo futuro presente: Cidade da Cultura de Galicia, Xunta de Galicia, 2011. Seminario de Mondoñedo (1565-2013). Centro de formación e promoción cultural, 2015. Historia das historias de Galicia, Xerais, 2016. 1936. O Estatuto esquecido, Guiverny, 2016.
Obra en castelán Ensaio Evolución de las estructuras agrarias de la provincia de Lugo, 1750-1936: propiedad y rentas de la tierra, Universidade de Santiago de Compostela, 1980. La propiedad de la tierra en Galicia 1500-1936, Siglo XXI Editores, Madrid, 1982. Anexo estadístico de la propiedad de la tierra en Galicia, 1500-1936, Universidade de Santiago de Compostela, 1982. El indiano gallego: mito y realidad de sus remesas de dinero, 1984. Historia de Galicia, I e II, n.os 5 e 6 da Biblioteca 114, 1991, ISBN 84-85553-14-4 e ISBN 84-85553-15-2.
Repensar Iberia. Del iberismo peninsular al horizonte europeo (2024). Ed. Pasado y Presente. 256 páxs.
Obras colectivas 300px|miniatura|Entrega dos Premios da Cultura Galega 2018. Historia de Galicia, Alhambra, Madrid, 1981.
Señores y campesinos en la Península Ibérica, siglos XVIII-XX, Editorial Critica/Consello da Cultura Galega, Barcelona, 1991. En colaboración con Pegerto Saavedra. La historia en el 94, Marcial Pons (Madrid), 1995. Imagen e historia, Marcial Pons (Madrid), 1996. Nobleza y sociedad (III). Las noblezas españolas, reinos y señoríos en la Edad Moderna, Fundación Banco Santander Central Hispano, Madrid, 1999. Año mil, año dos mil: dos milenios en la Historia de España (Congreso internacional), Sociedad Estatal España Nuevo Milenio, Madrid, 2001. El mundo contemporáneo, siglos XIX y XX, Editorial Taurus, Madrid, 2001. En colaboración con Ángel Bahamonde. Historia de España. 12 volumes, Crítica (Barcelona), 2007. Director da edición, con Josep Fontana.
Obra en portugués Ensaio
Recoñecementos En 2005 foi galardoado co Premio Fernández Latorre.Premio 2005 na páxina web da Fundación Santiago Rey Fernández Latorre.
En 2018 gañou o Premio da Cultura Galega de Proxección Exterior e en 2019 foi galardoado co premio Otero Pedrayo.
En outubro de 2019 recibiu o Premio Mondoñedo 10 ao mellor ensaio en galego da década pola obra Identidades e afectos patrios.
Premio Trasalba 2026 polo seu labor na cultura galega.
Notas
Véxase tamén
Ligazóns externas "Galicia é nación porque creou unha cultura", entrevista de Xan Carballo en El País, 1 de decembro de 2006. Ramón Villares na mediateca do Consello da Cultura Galega.
Categoría:Escritores de Galicia en lingua galega Categoría:Membros de número da Real Academia Galega Categoría:Historiadores de Galicia Categoría:Presidentes do Consello da Cultura Galega Categoría:Reitores da Universidade de Santiago de Compostela Categoría:Nados en Xermade Categoría:Nados en 1951 Categoría:Enciclopedistas de Galicia Categoría:Catedráticos da Universidade de Santiago de Compostela