MathWorld é unha enciclopedia de matemáticas en liña, creado e escrito en gran parte por Eric W. Weisstein. It is sponsored by and licensed to Wolfram Research, Inc. and was partially funded by the National Science Foundation's National Science Digital Library grant to the University of Illinois at Urbana–Champaign. Está patrocinado e licenciado por Wolfram Research, Inc. e foi financiada parcialmente pola subvención da National Science Digital Library da Universidade de Illinois en Urbana–Champaign.

Historia Eric W. Weisstein, o creador do sitio, foi un estudante de física e astronomía que se acostumou a escribir notas nas súas lecturas matemáticas. En 1995 puxo as súas notas en liña e chamouno "O tesouro das matemáticas de Eric". Contiña centos de páxinas/artigos, que abranguían unha ampla gama de temas matemáticos. O sitio fíxose popular como un amplo recurso único sobre matemáticas na web. En 1998, fixo un contrato con CRC Press e os contidos do sitio publicáronse en formato impreso e en CD-ROM, titulado "CRC Concise Encyclopedia of Mathematics". A versión en liña gratuíta chegou a ser só parcialmente accesible ao público. En 1999 Weisstein pasou a traballar para Wolfram Research, Inc. (WRI), e WRI renomeou Math Treasure Trove a MathWorld e aloxouno no sitio web da empresa sen restricións de acceso.

Demanda CRC No 2000, CRC Press demandou a Wolfram Research Inc. (WRI), ao presidente de WRI, Stephen Wolfram, e ao autor Eric W. Weisstein, debido ao que consideraban un incumprimento do contrato: que o contido de MathWorld debía permanecer só impreso. O lugar foi retirado por unha orde xudicial.

O caso foi posteriormente resolto fóra dos xulgados, coa WRI pagando unha cantidade non especificada e cumprindo outras estipulacións.

Sistema de computación alxébrico O nome do sitio aparece como Wolfram Mathworld e está relacionado co sistema alxébrico computacional (CAS) online aberto Wolfram Alpha

Notas

Véxase tamén Ligazóns externas Sitio oficial

Categoría:Publicacións en liña de matemáticas