Jennifer Anne Saville, nada en Cambridge o 7 de maio de 1970, é unha pintora británica, membro do grupo Young British Artists.Royal Academy of Arts: Jenny Saville RA | Artist | Royal Academy of Arts , consultado o 29 de agosto de 2014 É coñecida principalmente polos seus monumentais cadros de nus femininos. En outubro de 2018 converteuse na muller artista viva que cotizou máis arta a súa obra nunha poxa.
Traxectoria Saville estudou na Glasgow School of Art (1988-1992), e foille concedida unha bolsa de seis meses para a Universidade de Cincinnati, acabando a súa formación na Slade School Of Fine Art (1992-1993). Ao finalizar os seus estudos, a súa obra interesou ao coleccionista Charles Saatchi, quen mercou a súa obra completa para os seguintes dous anos.
Saville desenvolveu a súa carreira dentro da tradicional técnica da pintura ao óleo, nun estilo figurativo herdeiro da nova figuración das décadas de 1950 e 1960, coa influencia de Rubens e Lucian Freud. Desde o seu debut en 1992, a súa temática centrouse no corpo da muller, en pinturas a grande escala, con figuras vistas desde perspectivas poco habituais, onde os corpos parecen montañas de carne que semellan encher todo o espazo, con predilección por amosar a zona xenital ou por imperfeccións e feridas da pel, con cores brillantes, intensas, dispostas por manchas, predominando os tons vermellos e castaños. En xeral son corpos obesos —adoito autorretrátase—, onde a carne forma pregamentos e engurras, cunhas formas monumentais que parecen a visión que un neno ten dun adulto. Inspirada por Courbet e Velázquez, pinta a muller real, actual, sen ningún tipo de idealización, sen buscar a beleza, só a veracidade, realizando, como ela mesma denomina, «paisaxes do corpo».
En outubro de 2018 a casa de poxas Sotheby's vendeu Propped por 10,8 millones de euros, o prezo máis alta pagado nunha poxa por unha artista viva.
Notas
Véxase tamén Ligazóns externas Royal Academy of Arts profile page Jenny Saville at Gagosian Gallery Jenny Saville at the Saatchi Gallery Jenny Saville on Widewalls.ch Norton Museum of Art Saville on artfact.com Saville in the New York Times
Categoría:Nados en Cambridge Categoría:Nados en 1970 Categoría:Pintores de Inglaterra Categoría:Pintores do século XX Categoría:Pintores do século XXI