Alfonso González Martínez, nado en Albacete o 4 de maio de 1999, e máis coñecido como Alfon, é un futbolista que xoga no Celta de Vigo. A súa posición é a de dianteiro.
Traxectoria Alfon comezou a súa carreira como xuvenil do Albacete. Debutou co filial do equipo aos 17 anos, o 21 de agosto de 2016, empezando como titular nun partido da Terceira División contra o CD Atlético Tomelloso, que acabaría nunha derrota por 0 a 1. Anotou o seu primeiro gol con este equipo B o 9 de outubro de 2016, nunha derrota en casa contra o CD Toledo B por 1 a 3. Debutaría co primeiro equipo en Segunda B, finalmente, o 14 de maio dese mesmo ano, entrando como substituto de José Fran no minuto 72 de xogo, nun empate a cero contra o Real Madrid Castela.
O 29 de agosto de 2018 Alfon saíu cedido ao Internacional de Madrid da Terceira División por un ano. Ao terminar a súa cesión, renovou o seu contrato co Albacete o 12 de xullo de 2019 ata o ano 2022. Aínda así, volvería saír cedido, esta vez ao Getafe B da Segunda B.
O 21 de agosto de 2020 oficializouse o seu seguinte destino, de novo cedido durante un ano, ao Celta de Vigo da Primeira División de España, sendo asignado ao seu equipo filial, tamén militante na Segunda División B española. O 8 de xaneiro desde mesmo ano fixo o seu debut profesional na Primeira División, cando entrou como substituto de Fran Beltrán no minuto 73 do encontro, nunha partida fronte ao Vilarreal CF no que terminaría perdendo o Celta por 0 a 4.
Na tempada 2022-23, xa en propiedade do Celta, chega cedido ao Racing de Santander da Segunda División de España, no que xoga ata o mes de xaneiro de 2023, tras só disputar 223 minutos en oito partidos coa camiseta racinguista na LaLiga SmartBank e 58 minutos na Copa do Rey.
O 30 de xaneiro de 2023 firmou co Real Murcia C. F. da Primeira Federación, cedido ata o final da tempada polo Celta de Vigo. Na tempada 2024-25, de volta no Celta de Vigo, forma parte do cadro de xogadores do club vigués.
A súa primeira titularidade co equipo vigués foi o 26 de agosto de 2024, nun encontro no estadio da Cerámica fronte ao Villarreal que rematou con derrota celeste por 4 goles a 3. Foi substituído no minuto 70 por Iago Aspas.
Clubs ClubPaísAnoAlbacete Balompé "B"2016-2018Albacete Balompié2018-2020Club Internacional de Madrid (cedido)2018-2019Getafe CF "B" (cedido)2019-2020Real Club Celta de Vigo B2020-2023Racing de Santander (cedido)2022-2023Real Murcia CF (cedido)2023-2024Real Club Celta de Vigo2024-act.
Notas
Categoría:Nados en Albacete Categoría:Nados en 1999 Categoría:Xogadores do Celta de Vigo Categoría:Xogadores do Celta de Vigo B