Moisés Simes Otero, nado en Bueu o 20 de outubro de 1988, é un ex xogador de balonmán galego, que xogaba de extremo esquerdo.
Traxectoria Comezou a xogar ao balonmán aos cinco anos, seguindo os pasos de seus curmáns maiores. Durante un tempo practicou balonmán e taekwondo, centrándose finalmente no primeiro deles. Tras xogar no club do seu pobo, o Gaeva Bueu, pediulle ao BM Cangas permiso para adestrar co filial deste. Axiña se converteu nunha peza importante do filial e máis tarde do primeiro equipo, co que conseguiu o ascenso á Liga ASOBAL na tempada 2011(/12.
Militou durante os seguintes doce anos na máxima categoría do balonmán español, clasificándose para catro fases finais da Copa do Rei e disputando a Copa ASOBAL e a Copa EHF. En xuño de 2024, aos 35 anos, anunciou a súa retirada do balonmán, despois de 330 partidos na ASOBAL e 648 goles.
Notas
Categoría:Nados en Bueu Categoría:Nados en 1988 Categoría:Xogadores de balonmán de Galicia