Villarino é un dos 135 partidos da provincia arxentina de Buenos Aires. Atópase no suroeste da provincia, limitado ao norte polos partidos de Puan, Tornquist e Bahía Blanca, ao sur polo río Colorado, que o separa do partido de Patagones, o distrito máis meridional da provincia de Buenos Aires; ao oeste pola provincia da Pampa, e ao leste polo mar Arxentino. As illas Wood e Ariadna forman parte do partido.
Polo decreto provincial 449/99, o municipio do partido de Coronel Rosales exerce a titularidade e administración das illas de Embudo, Bermejo e Trinidad, tres das illas da ría de Bahía Blanca, que suman uns 400 km². DECRETO 449/99 Porén, esas illas non pertencen legalmente ao partido de Coronel Rosales, senón que forman parte do partido de Villarino.Plano catastral del partido de Villarino
Segundo os resultados finais do censo de 2022, a poboación do partido alcanza os 32.717 habitantes. A súa cabeceira é a cidade de Médanos.
Toponimia Toma o seu nome do mariñeiro e explorador galego Basilio Vilariño (ou Villarino).
Localidades Poboación segundo o censo de 2010.
Pedro Luro 9.494 habitantes. Mayor Buratovich (antiga Tres Chañares) 5.872 habitantes. Médanos 5.447 habitantes. Juan Cousté (Est. Algarrobo) 5.372 habitantes. Hilario Ascasubi 3.427 habitantes. Teniente Origone 145 habitantes. Colonia San Adolfo 109 habitantes. Argerich 80 habitantes. Laguna Chasicó Balneario La Chiquita
Notas
Categoría:Subdivisións da Arxentina