miniatura|Unha botella de calvados Pays D'Auge O brandy (apócope de brandewijn; holandés: viño queimado) é o termo en xeral usado para o viño destilado, case sempre cun 40-60% de volume en etanol. Ademais de viño, este alcohol tamén pode ser feito de polpa de uva ou de zume de fruta fermentado. A menos que se diga o contrario, o brandy está feito de viño de uva. Historia A orixe do brandy non é clara pero está ligada ó desenvolvemento da destilación. Bebidas de alcohol concentrados coñecéronse na Grecia e Roma antigas, e poden ter unha historia aínda máis antiga, desde a antiga Babilonia. O brandy como se coñece hoxe, apareceu no século XII e fíxose popular no século XIV.

Inicialmente o viño era destilado como un método de conservación para facer máis fácil o seu transporte polos comerciantes. A intención era agregar de novo a auga separada ó brandy na destilación pouco antes do seu consumo. Logo descubriuse que se se almacenaba en barricas de madeira, o produto resultante melloraba considerablemente comparado co viño orixinal.

Categoría:Licores