O "himno do Celta de Vigo" é o cántico tradicional oficial do Real Club Celta de Vigo. Foi a canción habitual nos encontros do equipo vigués até o ano 2023, cando co gallo do centenario do conxunto celeste se estreou un novo himno denominado "Oliveira dos cen anos", composto polo celtista confeso C. Tangana. O himno do Celta está composto e cantado polo grupo A Roda. En 1999 foi recollido no disco RC Celta - A Roda. En 2023, coincidindo co centenario do club, estreouse unha nova versión, con novos arranxos e harmonías, mais respectando a letra e a melodía orixinal.

Notas

Véxase tamén

Outros artigos Oliveira dos cen anos

Ligazóns externas

Himno do Celta Versión 2024 en Youtube.

Categoría:Himnos

Categoría:Celta de Vigo