Bogen (en ) é unha cidade do Landkreis de Straubing-Bogen no Land de Baviera, Alemaña. No seu termo municipal hai un santuario mariano antigo, lugar de peregrinacións, instalacións militares, como a Graf-Aswin-Kaserne, e unha rica paisaxe natural.
Situación Bogen está entre situado entres as ladeiras sur do bosque bávaro (Bayerischer Wald) e o río Danubio.
A cidade está ao pé do Bogenberg (literalmente, "monte de Bogen"), un outeiro na beira do Danubio.esquerda|miniatura| O outeiro de Bogenberg |250x250px Demografía Nos inicios da década de 2020 había censados uns 10.000 habitantes.
Historia e economía A economía local susténtase na agricultura e o turismo, con festas tradicionais, lugares atractivos para os amantes da natureza e unha arquitectura que conserva elementos medievais.
Prehistoria e Idade Antiga A rexión onde se atopa Bogen foi habitada desde tempos prehistóricos, como evidencian os achados arqueolóxicos. Durante o período romano, a área estivo baixo influencia romana como parte da fronteira norte do Imperio, coñecida como o limes Germanicus.
Idade Media Os Wittelsbach asumiron o control de Baviera tras a extinción dos Condes de Bogen no 1242. Este e outros territorios pasaron a formar parte dos seus dominios, reclamando o trono de rexións como o Palatinado e por momentos, Bohemia e Hungría.
Idade Moderna e Contemporánea A Guerra dos Trinta Anos no século XVII devastou a Baviera, incluíndo Bogen. No século XIX, coa consolidación dos estados alemáns e a formación do Imperio Alemán en 1871, o reino de Baviera, viu un importante crecemento.
Tras a revolución alemá de 1918, Baviera converteuse nun estado libre dentro da República de Weimar, e Ludwig III, o último rei de Baviera, foi deposto. Durante o século XX, Bogen e Baviera sufriron as dúas guerras mundiais e cambios significativos na RFA e posteriormente na Alemaña unificada.
Irmandamentos alt=France|25x25px|Francia Arthez-de-Béarn (fr) - 4 de agosto de 1982 alt=Italy|25x25px|Italia Arco - Trentino - 3 de setembro de 1983 alt=Germany|25x25px|Alemaña Schotten - Hesse - 3 de xuño de 2001 25x25px|Austria Wilhering - Austria - 22 de outubro de 2002
Notas
Véxase tamén
Baviera Reino de Baviera
Categoría:Wikipedia:Artigos con coordenadas en Wikidata Categoría:Cidades de Baviera Categoría:Cidades de Alemaña