A estrada comarcal C-545 foi unha vía de comunicación que vai desde Santiago de Compostela até Baio, ao longo de 54,450 km. A nomenclatura desta vía, así como do resto das estradas nacionais de España, estableceuse no cuarto plan xeral de estradas de 1939-41 (Plan Peña). Foi traspasado á actual estrada (desde Portomouro de Abaixo) AC-455, AC-406 e AC-404 polo decreto 308/2003, do 26 de xuño (ano 2003).

Percorrido Iníciase no norte de Santiago de Compostela e finaliza na parroquia de Baio do concello de Zas co cruzamento da estrada AC-552. De Santiago de Compostela ata Portomouro de Abaixo é a actual estrada DP-0701 e o resto das estradas, a AC-455 vai pola travesía de Portomouro de Abaixo, cruzado á AC-406 ata Santa Comba e finalmente cruzado á AC-404 ata Baio.

Notas

Categoría:Antigas estradas galegas Categoría:Estradas da provincia da Coruña Categoría:Estradas de Galicia sen imaxes