Caress of Steel é o terceiro álbum de estudio da banda canadense de rock Rush, publicado o 24 de setembro de 1975 a través do selo Mercury Records. Foi gravado xusto despois de que o grupo rematase a xira de promoción do seu anterior traballo, Fly by Night, e marcou un desenvolvemento no son da banda, movéndose do estilo hard rock baseado no blues da súa estrea cara o rock progresivo. Temas como "The Necromancer" impulsaron o avance de Rush cara composicións narrativas baseadas na fantasía, mentres que "The Fountain of Lamneth" foi a súa primeira "épica" prog-rock en abarcar toda unha cara do vinilo. Outros temas como "Bastille Day" e "Lakeside Park" convertéronse en elementos básicos dos directo da banda.
Aínda que os membros da banda inicialmente estaban orgullosos do seu traballo en Caress of Steel, o álbum demostrou ser un baixón comercial e de crítica para Rush xa que o son máis escuro e as composicións fantásticas do álbum non conseguiron atopar público e confundiron a algúns dos seus seguidores, poñendo as malas vendas á banda en perigo de ser botados de Mercury. A recepción mediocre impactou nas oportunidades de concertos da banda, o que os levou a bautizar a xira de promoción como Down The Tubes Tour. A pesar de ser visto máis positivamente polos fans da banda en retrospectiva, Ultimate Classic Rock sinalou que o álbum aínda é considerado "a ovella negra do seu catálogo".
Listaxe de cancións
Notas
Categoría:Álbums de Rush Categoría:Álbums musicais de 1975 Categoría:Álbums producidos por Terry Brown Categoría:Álbums de Mercury Records